A Asociación

Asociación de nais e pais de alumnado “FARO”
Vía Ártabra s/n. 15002 A Coruña

+ Quen somos
Un grupo de nais e pais implicados na educación dos nosos fillos e fillas. Facémolo porque estamos convencidas/os de que a participación directa no día a día do centro contribúe, non so a mellorar a calidade educativa en todas as súas facetas, se non a crear un bo clima de convivencia.

+ Qué facemos
Representar as familias ante as instancias educativas e outros organismos.
Participar no Consello Escolar.
Xestionar os servizos de madrugadores, comedor e actividades extraescolares
Colaborar nas actividades do centro, tanto educativas, como complementarias e lúdicas.

Promover a participación das familias na xestión do centro e nas boas relacións co profesorado.

Planificar e organizar actividades que fomente a educación en valores e un estilo de vida saudables.

+ Cal é a nosa proposta?
Que as familias se impliquen, non so coa aportación da cota económica anual (importante para por en marcha actividades de calidade), se non tamén, participando das actividades que se propoñen dende a asociación.

+ Contacto
ANPA FARO CEIP VICTOR LOPEZ SEOANE
VÍA ÁRTABRA S/N. 15002 A CORUÑA
EMAIL:ANPAFARO@HOTMAIL.COM
MÓBIL E WSP: 698167733


A %d blogueros les gusta esto: