Arquivo | Actividades Lúdicas RSS feed for this section

Actividades Fin de Semana 04/10 e 05/10

3 Out

Boas tardes, aquí tendes algunhas actividades pra iste fin de semana que promete choiva:

 

Sábado día 04

 Pra comenzar o fin de semana da mellor forma posible, Chocolatada pop con churros , na praza de Azcárraga, de 10.00 a 13.00 . Degustación gratuita de chocolate con churros, sesión de contacontos e o concerto do grupo Los Mecánicos. Pola tarde, na Praza das Bárbaras as 17.00 horas, la maxia do Mago Pablo, e 18:00 a 20:30, tamén na Praza das Bárbaras,  actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de postais , de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.
https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg
 Taller didáctico de Inglés , no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Ademáis de aprender a elaborar istes animales, os participantes aprenderán o valor de reutilizar materiais, así como a traballar a creatividade.
https://i2.wp.com/www.inglesparaninos.cl/wp-content/uploads/2010/04/aprender-original-modified.jpg

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques . Despois do éxito conseguido na anterior fin de semana do Festival de Internacional Títeres da Coruña…Viktor Antonov (Rusia) co espectáculo: Circus on the Strings. Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 45 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

A obra de teatro ” El Gusanito que quería volar” , de Ángela Álvarez. (Baseado nun conto de Tomás Gaviro) .Gordito é un verme de seda. El aínda non sabe que algún día chegará a voar e iso é o que máis desexa. Dende a súa folla coñecerá a fermosa bolboreta que bebe nas flores, a simpática xoaniña Lola, que canta e baila flamenco, a sabia cigarra que está aprendendo a tocar a guitarra, o traballador escaravello peloteiro coa súa gran bóla de caca e as fachendosas eirugas e o seu eiruguiño.Con todos estes personaxes fará o camiño que o levará a conseguir o seu soño: VOAR. Obra pra nenos a partir dos 3 anos, e que se representará o sábado día 4 as 19:00 e o domingo día 5 as 12:30 e as 19:00 no Teatro del Andamio, na Rúa Alcalde Suárez Ferrón 10, baixo. 15011 A Coruña, e ten un prezo de 5 euros e unha duración de 45 minutos.

 

Domingo día 05

Festa Popular da Cascarilla e do Chocolate; as 11:00 na Praza de Azcárraga (e se chove en Square Espacio Cultural, tamén na Praza de Azcárraga nº 12), terá lugar a elaboración e degustación gratuita dunha gran tarta de chocolate, e pola tarde, na Praza das Bárbaras de 18:00 a 20:30, unha morea de actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.

https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg

 

“FESTA MISTERIOS ESCONDIDOS”.¡Descubre os misterios de Wilma y Daphne . Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/10/c6b28-scooby_doo2.jpg

 

 

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques. Coa compañía Teatro La Estrella (Valencia) e a obra  “Los músicos de Bremen”. Un can cantante, unha gata bailarina, un burricán poeta e un galo rockeiro formarán a banda dos Músicos de Bremen. Un grupo de animais “diferentes” que loitarán por seguilo sendo. Pero non están a salvo dos porcos que andan soltos polo bosque…Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 60 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

 

 

Que pasedes un bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 27/09 e 28/09

26 Set

Boas tardes, con setembro a piques de rematar e co novo curso xa inicado,  retomamos novamente a axenda de actividades do fin de semana; aquí tendes algunhas alternativas de ocio pra istes primeiros  de outono:

 

Sábado día 27

 Contacontos ” Elmer y el abuelo Eldo “, así coma tamén talleres de manualidades relacionados co conto. Dende as  12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
 https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/09/23cb8-elmer-y-el-abuelo-eldo-9788448833091.jpg

Taller familiar ” Artistas da Prehistoria“. A Domus organiza unha actividade gratuíta para convertirte en artista prehistórico. Podes inscribirte previamente en domus@casaciencias.org, pero non é necesario sempre que haxa aforamento. Participa no novo taller da Domus e aprenderás a pintar como os habitantes de Altamira. Coñecerás os materiais que empregaban os homínidos que viviron en Europa hai miles de anos. Usarás as súas pinturas, as súas técnicas e descubrirás os seus temas favoritos. O taller terá lugar na Domus, de 17:00 a 18:30.

https://i2.wp.com/www.merbatur.com/images/itinerarios/05_aventura_02.jpg
Taller de Elaboración do Animales Nuez, no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Ademáis de aprender a elaborar istes animales, os participantes aprenderán o valor de reutilizar materiais, así como a traballar a creatividade.
 https://i0.wp.com/www.tuteate.com/wp-content/uploads/2013/11/manualidades-infantiles-con-nueces-ratones.jpg
Forumáxico 2014,  no Auditorio do Forum Metropolitano. O mago Daniel Polo co espectáculo Fusión. Un traballo enfocado para nenos de 1 a 100 anos, con novos e sorprendentes efectos máxicos: manipulación de bólas, aros, panos, flores, etc; acompañados de moito humor e participación de todo o público. A función comenza as 19:00, e terá unha duraciónd e 90 minutos. O prezo é de 5.00 euros, co abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor).

 

II Festival Internacional de Monicreques de A Coruña. Coa compañía Teatro da Praza (Brasil) e a obra  “A revolución na cociña”. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

 

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/09/49db8-la_revolucion_en_la_cocina.jpg

 

 

Domingo día 28

 

Taller de Creación de Portalápices Creaciónde portalápices feitos con materiais reciclados. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.

https://i0.wp.com/www.amarilloverdeyazul.com/wp-content/uploads/2010/02/Lapicero-con-rollos-de-papel.bmp

II Festival Internacional de Monicreques de A Coruña. Coa compañía Chachakun (Arxentina) e a obra  “El investigatopo”. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i2.wp.com/cultura.cordoba.gov.ar/wp-content/uploads/investigatopo-chachakun1.jpg

Que pasedes un bó fin de semana!!

 

San Xoan Pequeniño

20 Xuñ

Boas Noites, ainda que parte das actividades do San Xoan pequeno xa comenzaron o pasado día 15, dende iste fin de semana teñen lugar a maior parte das actividades, aquí tendes a programación pra istes días, co fin de festa o vindeiro día 24 na praza de María Pita.

Sábado 21

Manicómicos: Pasacalles “Circo de Lume“ no Parque de Eirís. De 12.30 a 13.30 h

Teatro: Robinson Crusoe , da Compañía Bandullo Azul no Parque de San Diego . De 12.30 a 13.30 h

“La Cocinita Sabrosa”,de Les Festijeux  e “Los Títeres”, de Galiot Teatre nos Xardíns de Méndez Núñez . De 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h

Domingo 22

Manicómicos: Pasacalles “Circo de Lume”  na Praza de Casares Quiroga . De 12.30 a 13.30 h

Teatro: Robinson Crusoe , da Compañía Bandullo Azul na Praza do Centro Cívico de Feáns . De 12.30 a 13.30 h

“La Cocinita Sabrosa”,de Les Festijeux  e “Los Títeres”, de Galiot Teatre nos  Xardíns de Méndez Núñez . De 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h

 Luns 23

Manicómicos: Pasacalles “Circo de Lume” no Peonil da Gaiteira . De 19.30 a 20.30 h

Don Gelati. Maxia e Humor, no Parque de Vioño – De 19.30 a 20.30

24 xuño de 2014

Praza de María Pita – De 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h

Unha programación moi especial que se dirixe ao público infantil e xuvenil que, acompañado de toda a familia, poderá gozar de durante o día máis longo do ano.Actividades durante todo o día: talleres diversos, grande instalación de xogos populares e do mundo. A programación pra iste día é a seguinte:

Apertura do festival e aparición dos presentadores – 12.00 h

Chupinazo de presentación de festival con CIRCOKOTE (espectáculo de circo) – 12.15 h

“O País das Apertas” de Magín Blanco (música e teatro) – 13.00 h

Cocido Sinfónico (concerto de música e teatro) – 16.00 h

O Folión Zampón (teatro de rúa con música, cabezudos e xigantes) – 17.00 h

Petit Pop (concerto musical) – 17.30 h

Espectáculo de Circo – 18.30 h

O Folión Zampón (teatro de rúa con música, cabezudos e xigantes) – 19.00 h

María Fumaca (música e teatro) – 19.20 h

Fin de Festa – 20.00 h

https://i1.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1402998960134_365_300_A_f1813c10f41020a1d1d1242165f74bd.jpg

 

Actividades Fin de Semana 21/06 e 22/06

20 Xuñ

Boas noites, xa comenzaron as vacacións!! aquí tendes algunhas propostas pra iste fin de semana:

Sábado día 21

Manualidades, dentro das actividades do mes das manualidades,que non se vaia a pinza!! taller de manualidades con pinzas . As 12:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
https://i1.wp.com/i.imgur.com/6hS2O.jpg
Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.
https://i1.wp.com/trabajoeninglaterra.org/wp-content/uploads/2011/12/clases-de-ingls-688637897.jpg

“Esos extraños cacharros de mi papá” . Peza de teatro ambulante ao estilo antigo. Catro personaxes e un actor en escena. O bululú sóbese ás táboas para arrincar sorrisos e deixar unha mensaxe no aire…. Dirixido a nenos a partir de 3 anos e as suas familias . Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i2.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1401884276051_580_1000_A_eb457e7015073634a58da05bd24957.jpg

 

Domingo día 22

Festa de San Xoan.  Sorpresas co aquelarre Marineda City e as meigas animadoras. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.

https://i0.wp.com/www.universalbaby.es/wp-content/noche_sanjuan.jpg

 

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 07/06 e 08/06

6 Xuñ

Boas tardes, pra non ficar na casa iste chuvioso fin de semana, aquí tendes algunhas actividades onde escoller :

Sábado día 07

Manualidades, dentro das actividades do mes das manualidades, taller de foam, pra crear broches, adornos… ou o que se nos ocurra!! . As 12:30 no Club Fnac Junior de   A Coruña. Entrada Gratuita.
https://i1.wp.com/www.manualidades.cc/wp-content/uploads/2010/02/goma_eva.jpg
Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.
https://i0.wp.com/extension.uned.es/archivos_publicos/webex_actividades/5113/ingles_mini2.jpg

Contos e outras andrómenas . Espectáculo infantil de contacontos, a cargo do actor Pedro Brandariz, que mistura a narración oral co xogo e a maxia cómica. Contos da tradición oral galega que falan de árbores, raposos, cativos e cativas que conviven nun recanto perdido. Dirixido a público de 0 a 99 anos . Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i0.wp.com/latuerka27.com/files/2014/05/contosbrandariz.jpg

Domingo día 08

No Centro Ágora, SON FUTURAS PROMESAS Percusión. Cuarto concerto do ciclo SON FUTURO organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, protagonizados por mozos músicos da ONSG e da OJSG. Nista actuación, Pablo Blanco (vibráfono) e Marta Rodríguez (marimba) . O concerto comenzará as 12:30 e con entrada libre ata completar aforo.

https://i2.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1395026473623_640_480_A_9e5e8320096174a4e668e1d37cfb.jpg

 

Marineda Chefs Kids. Laciños de queixo, mini-hamburguesas de mar ou magdalenas de plátano… Taller de cociña a partir de 6 anos. Dende as 12:00 , actividade gratuita, sendo necesaria a previa inscripción nos puntos de información de Marineda City ou no teléfono 881888888.

http://www.polyvore.com/cgi/img-thing?.out=jpg&size=l&tid=69825641

Taller de Abanicos. Pinta e crea o teu abanico de cores pra iste verano. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.

https://i2.wp.com/www.saposyprincesas.com/wp-content/uploads/2012/08/abanicos.jpg

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 27/05 e 25/05

23 Mai

Boas noites, aquí tendes algunhas alternativas de ocio pra iste frío e chuvioso fin de semana:

Sábado día 24

No Centro Ágora, Concerto da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG).A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG) presenta nesta ocasión un programa moi variado que abarca músicas de períodos e compositores moi diversos: W.A. Mozart, H.Burgoyne, A. Vivaldi, E. Grieg e o brasileiro E. Aguiar. Comezará o GRUPO DOS MÁIS PEQUENOS que presentará un par de obras de Mozart e  H. Burgoyne . Despois tocaralle a quenda ao GRUPO DE MAIORES que comezará a súa intervención cunha sinfonía Vivaldi, viaxaremos ao norte con dúas pezas do compositor noruegués E. Grieg e saltaremos o charco para gozar dunha suite do composior brasileiro E. Aguiar que nos fará lembrar os ritmos do continente americano.
A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG), formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo.
O concerto comenzará as 12:00 e con entrada libre ata completar aforo.
https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1398240822176_640_480_A_9344a0741e85c06f78cff12c616b812.jpg
Especial Universo Kalandraka. Contacontos O globo vermello e tamén Gran festa da Globoflexia. Dende as  12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
https://i0.wp.com/www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/un-globo-vermello-G_01.jpg
Taller de Elaboración do Xogo de Tres en Raia, no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita.
https://i1.wp.com/www.ibizafamilycompany.es/web/media/k2/items/cache/a63cd9e38964634741a5a3fe89055308_XL.jpg

 

Looking For A Clue. Teatro para familias con Heen Doron Learning English.Un detective segue a pista dun turbio asunto que lle fará viaxar a diferentes países. Acompañarémolo para descubrir a trama e outras moitas cousas do seu periplo: gastronomía, costumes, edificios…Ao final do conto os nenos participarán en xogos inspirados na narración. A obra comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i0.wp.com/latuerka27.com/files/2014/04/cartel-LOOKING-FOR-A-CLUE-WEB.jpg

 

Teatro Infantil Contos no Ar. Obra que  achéganos ata o fabuloso Mundo das Ideas onde está o País dos contos. Peter Hamelin Merlín, tamén coñecido por “TI”, viaxa ata alí onde se atopa con contos alegres e tristes, grandes e pequenos, divertidos e terroríficos. El atrápaos con grandes palabras e méteos en gaiolas para poder entregarllos aos nenos. Os cativos son quen de abrir esas gaiolas e liberar aos contos que sairán voando. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/91a0a-cartazocontosdoar.jpg

Domingo día 25

No Centro Ágora, SON FUTURAS PROMESAS oboe e piano. Terceiro concerto do ciclo SON FUTURO organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, protagonizados por mozos músicos da ONSG e da OJSG. Nista actuación, Iria Folgado oboe e Luka Hauser piano.  Con pezas de Chopin, Rachmaninov , Prokofiev e Schumann. O concerto comenzará as 12:30 e con entrada libre ata completar aforo.

https://i0.wp.com/ocio.laopinioncoruna.es/img_contenido/agenda/2014/05/149668/120162719__275x250.jpg

 

Marineda Cuenta… Contos no Ar.  Unha historia do cazador de contos Peter Hamelin Merlín para nenos e maiores. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.https://i2.wp.com/www.planocio.com/uploads/4890-galiciamovese110203_135632_576_603.jpg

Canta Contos para bebés .Contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, a cargo do músico e cantante coruñes, Pablo Díaz. Espectáculo específico pra bebés de 6 meses a 3 anos. Comenzará as 19:00 e terá unha duración aproximada de 35 minutos.  Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i2.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399607687457_580_1000_A_2c18c117b3673622088e7105f7ab668.jpg

 

 

 

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 17/05 e 18/05

16 Mai

Boas tardes, pra disfrutar de iste soleado fin de semana, ademáis de praia hai unha morea de actividades onde escoller :

Sábado día 17

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, celébrase nos Xardíns de Mendez Núñez  “A Festa das Letras Galegas 2014”, dirixida a público familiar. A festa consistirá nunha sesión de xogos na ludoteca xiramundos “A Casa dos Xogos”, ás 17.30 horas, e nun  concerto “A nena e o grilo nun barquiño”, de Magín Blanco, ás 19.00 horas.  Ambas actividades con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

 

No Centro Ágora e por mor do décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o Festival Infantil “O berce de Donaire”. Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo. Nas catro edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2014, na quinta edición, acompañarán a numerosa escola da A.C. Donaire dúas asociacións da provincia: a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo que farán unha festa do folclore neste “Día das Letras Galegas”. O festival comenza as 17:30, e o prezo da entrada é de 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €) .

 

Títeres “Caraporquiña Vermella”.Espectaculo de titeres bocones celebrando así cos mais pequenos os dias das letras galegas:Empezamos mal, o lobo está maliño e non pode vir traballar ó teatro, para sustituilo, chama ó seu amigo o raposo para decirlle que ten que ir o cruce dos camiños e facer que… Dirixida a nenos de 4 a 12 anos e as suas familias. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Tamén se representará o domingo día 18 de maio,no mesmo horario.

https://i1.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399606837505_580_1000_A_3de399e86dc3ca7b7984a6ee9f7a9b19.jpg

 

Poesía Viva. Recital poético feito polos espectadoes tuerkeros pra festexar a festa das Letras Galega. Ese día os protagonistas sodes vós: os nenos e xóvenes do público. Por un día podedes sair a escena. A excusa, recitar poesía en galego para festexar o día das Letras galegas. A motivación, o amor pola lectura e polo teatro. Dirixido a público infantil e xuvenil .Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

 

Taller de Arcilla . Crea e deseña figuriñas de arcilla de cores dos teus personajes favoritos. Espacio Marineda Kids de planta 2 de 16.30 a 19.30h . Entrada libre.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/11763-taller2520creativo25205_2520arcilla.jpg

 

 

Domingo día 18

Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Cine, proxección da película “La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol” , de Alex Colls .As 18:00 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i1.wp.com/www.malagaldia.es/wp-content/uploads/la-tropa-de-trapo.jpg

Marineda Chefs Kids. Barquiños de leituga, saquitos de atún e biscoitos de limón. Taller de cociña pra niñ@s a partir de 6 anos. Dende as 12:00 , actividade gratuita, sendo necesaria a previa inscripción nos puntos de información de Marineda City ou no teléfono 881888888.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/b56c8-curso_cocina_solidaria.jpg

 

Teatro “Clinc!”.  Esta é  unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou.  Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas. A representación comenzará as 18:00 e terá un prezo de 8 euros.

https://i0.wp.com/www.familyandbonus.com/img/p/218-1141-large.jpg

Que pasedes un moi bó fin de semana!!