Actividades canceladas e novo procedemento de Altas e Baixas

Bos días

A Federación acaba de pechar o plazo para o inicio de novas actividades. Se a partir de agora hai novas inscripcións, suficientes para acadar o número mínimo de alumnos, o grupo comezaría a partir do seguinte trimestre (xaneiro).


A día de hoxe cancelamos coa Federación:Ritmo1-2-3 Accion!, Patinaxe (para 5º e 6º), English Lab (o grupo de 4º,5º e 6º).


E con Xogos da Amizade:Debuxo e Pintura. No caso de Matematízate, a actividade seguirá impartíndose mentres haxa un mínimo de 2 alumnos.


Alta en actividades.

A partir de agora, para darse de alta nalgunha das actividades da Federación que xa están funcionando (Xogos Ritmicos, Predeporte, Baloncesto, Patinaxe, English Lab) é necesario enviar un mail a inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org con copia a anpafaro@hotmail.com. Se se trata dunha destas actividades de Xogos da Amizade: Fun English, Judo, Futbol, Teatro, Badminton, Robotica, Matematizate, é necesario enviar un mail a xogosdaamizade@gmail.com con copia a anpafaro@hotmail.comSegún haxa plazas dispoñibles ou non, se procederá a dar de alta ou a inscripción nunha listaxe de espera.
Será responsabilidade de cada familia informar ós monitores de comedor, ou ós da actividade previa ou posterior, da nova situación do alumno (en caso de ser necesario). Como norma xeral, o plazo para incorporarse á actividade será ó mes seguinte ó da solicitude.
Baixa en Actividades.

As Inscripcións son trimestrais. Durante o mes de decembro, abrirase un prazo por se algunha familia quere darse de baixa nalgunha actividade a partir de xaneiro. Indicaránse os pasos a seguir. Para a baixa nalgunha actividade da Federación antes desa data (Xogos Ritmicos, Predeporte, Baloncesto, Patinaxe, English Lab) é necesario enviar un mail ás direccións inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org e anpafaro@hotmail.com indicando o nome do alumno, o curso, e a actividade na que solicita a baixa.Para a baixa nalgunha actividade de Xogos da Amizade antes desa data (Fun English, Judo, Futbol, Teatro, Badminton, Robotica, Matematizate) é necesario enviar un mail ás direccións xogosdaamizade@gmail.com e anpafaro@hotmail.com indicando o nome do alumno, o curso, e a actividade na que solicita a baixa. A empresa valorará cada solicitude.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

LISTA DE ESPERA PARA PREDEPORTE

Boas noites,
Debido ó gran número de solicitudes recibidas para a actividade de Predeporte, tívose que pechar a lista por acadar o número máximo de plazas.
Para as familias que seguides interesadas, abrimos este formulario de lista de espera para poder avisarvos en orden, no caso de haber baixas, ou se hai posibilidade de ampliar o grupo.

https://forms.gle/wTY1JhHWynPXncTV7

Un saudo.

A directiva da ANPA.

Inicio das clases de English Lab 123EP o luns 18

Boas noites


O inicio das clases de English Lab, do grupo 123EP (luns e mércores de 17.00 a 18.00), terá lugar o luns 18.

As familias dos nenos que están apuntados actualmente, recibiron un mail de confirmación hai dous días.

Se alguén máis está interesado, podedes inscribiros no formulario da Federación, que está aberto para esta actividade:
https://app.fedapascoruna.org/inscripcioncurso/2021

Un saudo

A Directiva da ANPA

INICIO CLASES PATINAXE MARTES 19

Boas noites.

Unha vez consultadas as familias interesadas na actividade, o novo grupo de patinaxe 1234EP, será os martes e xoves de 16.00 a 17.00. As clases comezarán o martes 19.

As familias dos nenos que están apuntados actualmente, recibiron un mail de confirmación esta tarde.

Se hai alguén máis interesado, enviade un mail ó correo: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org con copia a anpafaro@hotmail.com, indicando o nome e apelidos do alumno, e o curso, para poder tramitar a solicitude.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

INICIO ACTIVIDADES

Boa noite,

Mañá comezamos as actividades extraescolares, esta primeira semana nais e pais que formamos parte da directiva da Anpa, estaremos supervisando que todo se desenvolva axeitadamente. Pero queremos recordarvos algunhas indicacións para un bo funcionamento das actividades extraescolares:

  1. Recordamos que todas as familias deben ser socias da Anpa.
  2. A Anpa non se fará cargo de ningún neno/a que sae de comedor ás 16:00 e non ten actividade ata ás 17:00
  3. Dende esta semana, se hai cambios de algun neno/a de actividade, a familia terá que avisar aos monitores responsables e se a actividade comeza ás 16:00 e sae de comedor, deberá avisar a responsable do servizo para comunicarlle o cambio de actividade.

Agardamos que os nenos e as nenas disfruten moito as actividades.

Un saudo

A Directiva da ANPA

ACTIVIDADE FEDERACION: PATINAXE

Boas noites

Como veríades no blogue, este ano o grupo de Patinaxe non sae adiante por non acadar o número mínimo de inscritos.
Sin embargo, xa fora de plazo varias familias interesáronse pola actividade. Non hai alumnos suficientes para facer dous grupos, así que sería un único grupo con toda EP.
Os que sigades interesados na actividade, enviade por favor un mail a esta dirección, poñendo no asunto “Patinaxe”, e indicando a qué hora preferides:

  • martes e xoves ás 16.00
  • martes e xoves ás 17.00
  • ambas opcións válidas

Así vemos se realmente xuntamos as solicitudes necesarias para que saia adiante.
En caso de saír, en vez de empezar o próximo luns como o resto de actividades, empezaría unha semana máis tarde.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

CLASES PROBA GRATUITAS MATEMATÍZATE


Bos días

Durante a primeira semana de outubro, as clases de Matematízate son gratuitas para os nenos e nenas que queiran probar esta nova actividade.
Xogos non convencionales, para favorecer a capacidade de concentración e o razoamento lóxico. Podedes ver máis sobre este método na web https://crecercreando.org/


Tedes máis información tamén na nosa web, no apartado de Extraescolares.


Para reservar plaza os días de proba, cubride o seguinte formulario: https://forms.gle/RDHrFiXTtKckMg9j7

Un saudo

A Directiva da ANPA

COMEZO ACTIVIDADES DIA 4 DE OUTUBRO

Hola, familias.
As actividades da Federación que poden dar comezo o luns día 4, son as seguintes:
Predeporte
Xogos Ritmicos
Baloncesto

Agora que o formulario está pechado, se alguén está interesado en inscribirse debe solicitalo no correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 / 698 158 503 en horario de 10 a 14h e de 15 a 18h.
É importante que o fagades canto antes, xa que por exemplo no grupo de English Lab de 12EP falta un único alumno para dar comezo tamén.

Por outra banda, as actividades ofrecidas por Xogos da Amizade tamén comezan a partir do luns 4, e xa estaban confirmadas na súa maioría. Son as seguintes:
Fun English
Judo EI
Futbol Sala EI
Robotica 123EP
Robotica 345EP
Judo EP
Badminton
Teatro
Futbol Sala 123EP

Unha vez correxida algunha inscripción incorrecta, foron admitidos todos os alumnos apuntados en Fun English (incluidos lista de espera).
Algo semellante ocurre en Judo EP, non quedando a día de hoxe ninguén máis en lista de espera.
No resto de grupos foron admitidas todas as solicitudes.
Esperamos ter dispoñibles os listados de admitidos por actividade entre mañá e pasado Un saudo

A Directiva da ANPA