Arquivo | Circulares RSS feed for this section

ENTROIDO 2017

14 Feb

Bos días a todos,

O vindeiro 3 de marzo celebraremos a festa do entroido dende as 16:30h ata as 19:30h. Vos recordamos que os socios entran de balde e os non socios teñen que pagar 5€ por neno. Os rapaces teñen que estan durante toda a festa cun adulto responsable, xa que nin o APA nin a Dirección do Centro faise responsable de ningún neno.

Eses día non haberá actividades extraescolares.

tamén indicarvos que a partires do 6 de marzo e ata o 26 de maio podedes pasar a cobrar o cheque do comedor do curso pasado. Os cheques están ao nome da persoa que fixo a  solicitude do comedor, se esta persoa non pode vir, ten que mandar unha autorización firmada e coa copia do seu DNI. Calquera dúbida consultade a circular que vos mandamos a casa o na seguinte ligazón

cheques-comedor-docx_1486638860179

Non vos olvidedes de vir disfrazados a pasar unha tarde divertida.

Advertisements

Horario actividades 2016/2017

4 Out

Buenas tardes,

O horario das actividades para o curso 2016/2017 e o seguinte.

horario-2016-17-definitivo

Bo curso

Actualización Primeira Circular Curso 2014-15

11 Set

Bos días, hai unha pequena modificación con relación a actividade de fútbol; adxuntamos a Circular actualizada.

1º Circular Curso 2014-15

Un saudo

Primeira Circular Anpa Curso 2014-15

11 Set

Bos días, tras un longo verán aquí estamos de volta.

Adxuntamos a primeira circular de iste curso, coa información do horario da Anpa pra iste mes de setembro  (luns, mércores e venres de 9:00-9:30 , e de forma provisional,  atenderémosvos no comedor) ademáis da información acerca das actividades previstas pra iste novo curso, horario provisional e custo.

Un saudo

1ª Circular 1014-15

 

 

Circular Fotos de Nadal

10 Feb

Estimadas familias xa temos a vosa disposición o CD do festival de Papá Noel, o Carteiro Real e as actuacións navideñas (informarse no Anpa dos cursos disponibles e dos prezos). Tamén temos as fotos co Carteiro Real (E.I. e 1º e 2º E.P.) e as fotos cos reis do día da festa dos nenos que estiveron con eles.Isto farase por encargo e previo pago.

Tamén os informamos que co motivo da XVIII mostra de actividades culturais a Federación de Anpas fai un concurso de debuxo, alusivo as actividades culturais (teatro, danza, pandereta…). O debuxo gañador será o elexido para o cartel anunciador da presente Mostra e recibirá un agasallo e un diploma por parte da federación.Poden participar todolos nen@s, a data limite para o sua presentación é o 21 de marzo, cada  debuxo deberá ter o nome  e o curso do nen@ . O debuxo gañador dirase a semana do 24 ao 28 de marzo, este presentarase na federación para o concurso do cartel anunciador.

Saúdos,

 A Xunta Directiva do Anpa

Pago de Actividades

1 Dec

Boas, tal e como vos comunicamos por medio dunha circular, dende mañán luns día 2 de decembro e ata o martes 17 , podedes pasar polo local da Anpa para abonar as cuotas das actividades tanto de Deporte no Centro coma de POE.

Recordarvos que o horario do Anpa é os luns de 9:00 a 9:30, e tanto os martes coma os venres de 16:00 a 18:00. Coma sempre tendes tamén a vosa disposición tanto o correo da Anpa, anpafaro@hotmail.com , coma o teléfono 698167733, para calqueira tipo de dúbida que teñades ou aclaración que precisedes.

Reunión Informativa POE

1 Dec

Boas, o vindeiro mércores 11 de decembro as 18:00 no local da Anpa , terá lugar unha reunión informativa por parte dos monitores da actividade de POE con todos aqueles pais e nais que teñan os seus fillos nista actividade. O obxetivo da reunión é ,por unha parte a presentación dos monitores da actividade, e por outra unha explicación do programa da actividade e as actividades a desenrolar, así como aclarar calquiera tipo de dubida.
Web educativa do Concello da Coruña