Boas noites, aquí tendes algunhas actividades para iste fin de semana :
Sábado día 22
Taller de Matemáticas e Pintura: e ademáis dos talleres, tamén haberá un contacontos :O lobo pequeno e o lobo grande.De 12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

Taller didáctico en Inglés, no C.C.Os Rosales contínuan con iste taller, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita.Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Teatro Infantil “!!!Miau…¡¡¡”.Lola é unha nena, que coma moitas outras, cando a súa nai se vai traballar, queda soa. Lola ri, xoga soa, xoga con Gonza, o seu boneco amigo e con Nemo… pero máis que nada xoga con Valen, a súa irmaíña que aínda non naceu… pero xa está aquí. De súpeto soa o reloxo e todo cambia. Ata que chega o seu avó e a leva ao parque. . Obra dirixida a nenos de 1 a 4 anos e as súas familias. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10, A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica) as 18:00. Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 18:00.

Teatro Infantil “! RÁS ¡ Contos Batracios”.¿Bico ou non bico á Rá? os sapos e as rás de hoxe en día xa non son como antes.Unha divertida escolma de contos e cancións onde os batracios son os protagonistas.RÁS!Contos Batracios” do contacontos Pablo Sanchez,é un espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en contos, fábulas, retahílas, contos de nunca rematar e cantinelas .A obra dirixida a nenos de 3 a 9 anos . Comenzará as 18:30 e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala Gurugú, situada na rua Agra do Orzán, nº3, 15010 A Coruña.

Teatro Infantil “Little red riding hood”. Storygame con Helen Doron English. Relato e dramatización do conto clásico de Carapuchiña Vermella. Seguiremos o camiño dunha nena que vai camiño da casa da súa avoa polo bosque. Unha aventura na que os nenos aprenderan cómo cantan os animais do bosque e algunha canción das árbores. Ao final do conto, os nenos participarán en xogos inspirados na narración. .A obra dirixida a nenos de a partior de 3 anos . Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros Terá lugar na sala La Tuerka 27, situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

Domingo 23
“Marineda Masterkid´s Club”. It’s springtime!!! English workshop for children and our usual games and songs, including spring box, springtime treats and flower crafts!!.Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

Que pasedes un bo fin de semana!!
0.000000
0.000000