Actividades Fin de Semana 04/10 e 05/10

Boas tardes, aquí tendes algunhas actividades pra iste fin de semana que promete choiva:

 

Sábado día 04

 Pra comenzar o fin de semana da mellor forma posible, Chocolatada pop con churros , na praza de Azcárraga, de 10.00 a 13.00 . Degustación gratuita de chocolate con churros, sesión de contacontos e o concerto do grupo Los Mecánicos. Pola tarde, na Praza das Bárbaras as 17.00 horas, la maxia do Mago Pablo, e 18:00 a 20:30, tamén na Praza das Bárbaras,  actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de postais , de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.
https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg
 Taller didáctico de Inglés , no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Ademáis de aprender a elaborar istes animales, os participantes aprenderán o valor de reutilizar materiais, así como a traballar a creatividade.
https://i0.wp.com/www.inglesparaninos.cl/wp-content/uploads/2010/04/aprender-original-modified.jpg

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques . Despois do éxito conseguido na anterior fin de semana do Festival de Internacional Títeres da Coruña…Viktor Antonov (Rusia) co espectáculo: Circus on the Strings. Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 45 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

A obra de teatro ” El Gusanito que quería volar” , de Ángela Álvarez. (Baseado nun conto de Tomás Gaviro) .Gordito é un verme de seda. El aínda non sabe que algún día chegará a voar e iso é o que máis desexa. Dende a súa folla coñecerá a fermosa bolboreta que bebe nas flores, a simpática xoaniña Lola, que canta e baila flamenco, a sabia cigarra que está aprendendo a tocar a guitarra, o traballador escaravello peloteiro coa súa gran bóla de caca e as fachendosas eirugas e o seu eiruguiño.Con todos estes personaxes fará o camiño que o levará a conseguir o seu soño: VOAR. Obra pra nenos a partir dos 3 anos, e que se representará o sábado día 4 as 19:00 e o domingo día 5 as 12:30 e as 19:00 no Teatro del Andamio, na Rúa Alcalde Suárez Ferrón 10, baixo. 15011 A Coruña, e ten un prezo de 5 euros e unha duración de 45 minutos.

 

Domingo día 05

Festa Popular da Cascarilla e do Chocolate; as 11:00 na Praza de Azcárraga (e se chove en Square Espacio Cultural, tamén na Praza de Azcárraga nº 12), terá lugar a elaboración e degustación gratuita dunha gran tarta de chocolate, e pola tarde, na Praza das Bárbaras de 18:00 a 20:30, unha morea de actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.

https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg

 

“FESTA MISTERIOS ESCONDIDOS”.¡Descubre os misterios de Wilma y Daphne . Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/10/c6b28-scooby_doo2.jpg

 

 

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques. Coa compañía Teatro La Estrella (Valencia) e a obra  “Los músicos de Bremen”. Un can cantante, unha gata bailarina, un burricán poeta e un galo rockeiro formarán a banda dos Músicos de Bremen. Un grupo de animais “diferentes” que loitarán por seguilo sendo. Pero non están a salvo dos porcos que andan soltos polo bosque…Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 60 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

 

 

Que pasedes un bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 27/09 e 28/09

Boas tardes, con setembro a piques de rematar e co novo curso xa inicado,  retomamos novamente a axenda de actividades do fin de semana; aquí tendes algunhas alternativas de ocio pra istes primeiros  de outono:

 

Sábado día 27

 Contacontos ” Elmer y el abuelo Eldo “, así coma tamén talleres de manualidades relacionados co conto. Dende as  12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
 https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/09/23cb8-elmer-y-el-abuelo-eldo-9788448833091.jpg

Taller familiar ” Artistas da Prehistoria“. A Domus organiza unha actividade gratuíta para convertirte en artista prehistórico. Podes inscribirte previamente en domus@casaciencias.org, pero non é necesario sempre que haxa aforamento. Participa no novo taller da Domus e aprenderás a pintar como os habitantes de Altamira. Coñecerás os materiais que empregaban os homínidos que viviron en Europa hai miles de anos. Usarás as súas pinturas, as súas técnicas e descubrirás os seus temas favoritos. O taller terá lugar na Domus, de 17:00 a 18:30.

https://i2.wp.com/www.merbatur.com/images/itinerarios/05_aventura_02.jpg
Taller de Elaboración do Animales Nuez, no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Ademáis de aprender a elaborar istes animales, os participantes aprenderán o valor de reutilizar materiais, así como a traballar a creatividade.
 https://i2.wp.com/www.tuteate.com/wp-content/uploads/2013/11/manualidades-infantiles-con-nueces-ratones.jpg
Forumáxico 2014,  no Auditorio do Forum Metropolitano. O mago Daniel Polo co espectáculo Fusión. Un traballo enfocado para nenos de 1 a 100 anos, con novos e sorprendentes efectos máxicos: manipulación de bólas, aros, panos, flores, etc; acompañados de moito humor e participación de todo o público. A función comenza as 19:00, e terá unha duraciónd e 90 minutos. O prezo é de 5.00 euros, co abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor).

 

II Festival Internacional de Monicreques de A Coruña. Coa compañía Teatro da Praza (Brasil) e a obra  “A revolución na cociña”. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

 

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/09/49db8-la_revolucion_en_la_cocina.jpg

 

 

Domingo día 28

 

Taller de Creación de Portalápices Creaciónde portalápices feitos con materiais reciclados. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.

https://i2.wp.com/www.amarilloverdeyazul.com/wp-content/uploads/2010/02/Lapicero-con-rollos-de-papel.bmp

II Festival Internacional de Monicreques de A Coruña. Coa compañía Chachakun (Arxentina) e a obra  “El investigatopo”. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i0.wp.com/cultura.cordoba.gov.ar/wp-content/uploads/investigatopo-chachakun1.jpg

Que pasedes un bó fin de semana!!

 

Actividades Fin de Semana 17/05 e 18/05

Boas tardes, pra disfrutar de iste soleado fin de semana, ademáis de praia hai unha morea de actividades onde escoller :

Sábado día 17

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, celébrase nos Xardíns de Mendez Núñez  “A Festa das Letras Galegas 2014”, dirixida a público familiar. A festa consistirá nunha sesión de xogos na ludoteca xiramundos “A Casa dos Xogos”, ás 17.30 horas, e nun  concerto “A nena e o grilo nun barquiño”, de Magín Blanco, ás 19.00 horas.  Ambas actividades con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

 

No Centro Ágora e por mor do décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o Festival Infantil “O berce de Donaire”. Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo. Nas catro edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2014, na quinta edición, acompañarán a numerosa escola da A.C. Donaire dúas asociacións da provincia: a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo que farán unha festa do folclore neste “Día das Letras Galegas”. O festival comenza as 17:30, e o prezo da entrada é de 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €) .

 

Títeres “Caraporquiña Vermella”.Espectaculo de titeres bocones celebrando así cos mais pequenos os dias das letras galegas:Empezamos mal, o lobo está maliño e non pode vir traballar ó teatro, para sustituilo, chama ó seu amigo o raposo para decirlle que ten que ir o cruce dos camiños e facer que… Dirixida a nenos de 4 a 12 anos e as suas familias. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Tamén se representará o domingo día 18 de maio,no mesmo horario.

https://i1.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399606837505_580_1000_A_3de399e86dc3ca7b7984a6ee9f7a9b19.jpg

 

Poesía Viva. Recital poético feito polos espectadoes tuerkeros pra festexar a festa das Letras Galega. Ese día os protagonistas sodes vós: os nenos e xóvenes do público. Por un día podedes sair a escena. A excusa, recitar poesía en galego para festexar o día das Letras galegas. A motivación, o amor pola lectura e polo teatro. Dirixido a público infantil e xuvenil .Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

 

Taller de Arcilla . Crea e deseña figuriñas de arcilla de cores dos teus personajes favoritos. Espacio Marineda Kids de planta 2 de 16.30 a 19.30h . Entrada libre.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/11763-taller2520creativo25205_2520arcilla.jpg

 

 

Domingo día 18

Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Cine, proxección da película “La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol” , de Alex Colls .As 18:00 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i1.wp.com/www.malagaldia.es/wp-content/uploads/la-tropa-de-trapo.jpg

Marineda Chefs Kids. Barquiños de leituga, saquitos de atún e biscoitos de limón. Taller de cociña pra niñ@s a partir de 6 anos. Dende as 12:00 , actividade gratuita, sendo necesaria a previa inscripción nos puntos de información de Marineda City ou no teléfono 881888888.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/b56c8-curso_cocina_solidaria.jpg

 

Teatro “Clinc!”.  Esta é  unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou.  Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas. A representación comenzará as 18:00 e terá un prezo de 8 euros.

https://i1.wp.com/www.familyandbonus.com/img/p/218-1141-large.jpg

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 29/03 e 30/03

Boas noites, aquí tendes algunhas actividades para iste ,en principio chuvioso, fin de semana  :

Sábado día 29

Taller de Construcción de Avións: e ademáis do taller, tamén haberá un contacontos :Os tres cerdiños voadores.De 12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i2.wp.com/ecx.images-amazon.com/images/I/510czVbQuSL._SL500_AA300_.jpg

 

 

 

Teatro Infantil “Monstruos en la Maleta” da compañía La Tartana. Unha historia de casualidades e supervivencia, onde os conflictos poñen en perigo a convivencia, sendo ista a única saida do aillamento. Dirixida a nenos de 3 a 9 anos.O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10,  A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica) as 18:00. Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 18:00.

https://i0.wp.com/latartanateatro.com/wp-content/uploads/Monstruos-en-la-maleta_4382.jpg

 

Teatro Infantil “Xan Perillán compra queixo  come pan”. Xan Perillán  vai a mercar ó Híper mega súper mercado “o Rato Colorado”… Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo da aquí para acolá… ¿Mercara ben ou se deixara engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo? Cun pouco de maxia e a axuda do seu leal e sensato loriño Ravachol conseguirá facer unha compra responsable, sostible e ecolóxica, mercando só o necesario, reducindo, re -utilizando, reciclando, e reflexionando. Aprendendo a importancia das  etiquetas. Dirixida a nenos de 3 a 12 anos,terá unha duración de 45 minutos e comenzará as 18:30 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Despois da representacion realizarase un curso de maxia gratuito para os asistentes a representación cunha duración do cursiño de unha hora.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/03/f93c4-xanperillancomepan.jpg

 

Teatro Infantil “El ladrón de bibliotecas”.Hai ladróns de bancos… de bicos… e de bibliotecas… actúan sixilosamente, pero sempre, por unha boa causa… .A obra a representa a Compañía O Titiribaile . Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i2.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1394026782127_365_300_A_fb8f379eda63b867ba51e7cb0cac27c.jpg

 

 

Domingo 23

 

Música Animada, no Macuf. Concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados. De 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 30, Música a la Carta. Iste concerto o realizarán o Cuarteto Rubato: Séntense e proben o “menú” que ten preparado o Cuarteto Rubato! ¡Un concerto pra chuparse os dedos!

https://i2.wp.com/www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138621784/05_imagen_referencia_musica_animada_2013.jpg

“Marineda Baila”. As profes da Escola de Baile Marineda  enseñaranche  a levar o ritmo cunhas coreografías fantásticas.Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/03/3c570-canstock5616091.png

 

 

 

Que pasedes un moi bo fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 16/11 e 17/11

Boas , aquí están algunhas  actividades  pra iste casi invernal fin de semana;

Sábado día 16:

Taller de Disfraces e Manualidades; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. No mes adicado a Grecia, iste sábado taller pra aprender a facer disfraces e manualidades baseados na mitoloxía e os deuses griegos. Entrada gratuita.

Taller Didactico en Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00.Taller adicado a achegar o inglés os nenos de forma divertida. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

 Maxia pra Nen@s, Maxia de salón pra todos os públicos da man de Joshua Bernal.                                                                                                                                                                                                      A Actuación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 40 minutos, e está dirixida a nenos a partir de seis anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

https://i1.wp.com/corunainfantil.es/wp-content/uploads/2013/10/cartel-MAGO-JOSHUA-315x420.jpg

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da  película  E.T. El Extraterrestre.

E.T., el extraterrestre - Fotogramas

Dentro do ciclo Concertos en Familia, que é un ciclo de concertos didácticos, organizados pola Orquesta Sinfónica de Galicia, orientados o público familiar co obxetivo de achegar os máis pequenos da familia a música en directo, o grupo de percusión Odaiko e a  Banca Municipal de Música de A Coruña únense  nun divertido programa no que repasarán parte da literatura musical infantil máis coñecida (grandes series, debuxos animados).                                                                                                                                                                                                                        O concerto terá lugar no centro Ágora, as 12:00 . A idade recomendada é pra nen@s de entre 6 e ata 12 anos .O prezo das entradas será de 3 euros para os adulos e de 2 euros pra os nenos de ata 14 anos.

Domingo 17:

PEQUE CHEFS.BÚHOS DE GALLETAS.Taller para os máis larpeiros, onde aprenderan a facer unha merenda con galletas oreo decoradas con lacasitos e como convertilas en búhos. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16:30 a 19:30.

Que pasedes un bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 09/11 e 10/11

Boas tardes, aquí están algunhas das actividades, ademáis de recoller castañas para o magosto do xoves 14,  pra iste fin de semana;

Sábado día 9:

Taller de Cocina de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. No mes adicado a Grecia, iste sábado taller pra aprender a facer postres griegos. Entrada gratuita.

Taller Musical no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00.Taller pra a creación de maracas e diferentes actividades e xogos relacionados coa música É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Teatro, Contos pra escoitar mentras bailamos uns vals, da compañía A Trastenda dos Contos. Un director de orquestra atribulado tenta atopar nunha proba de selección ós/as mellores musicos/as entre a poboación infantil de Coruña. A través das súas anécdotas, o seu carácter excéntrico e do seu amplo catálogo de instrumentos musicais coñeceremos como a pequena Sabela acabou convertídose nunha das principais intérpretes da Real Orquestra Poli-afónica de Santiago de Compistolas. A obra terá unha duración aproximada de 1 hora, e está dirixida a nenos de entre 4 a 10 anos. O prezo é de 5 euros e representarase na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da magnífica película de animación Los mundos de Coraline. Como iste ciclo de cine é todos os sábados ata mediados de decembro, aquí tendes o enlace por se queredes ir planificando que películas vos poden interesar: http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138199428/04_informacion_general_cine_magia_pantalla_2013.pdf

https://i0.wp.com/peliculas.chiquipedia.com/images/mundos-coraline-peliculas-infantiles.jpg

Domingo día 10:

No C.C. Marineda City, FOFUCH@MANÍA. Taller de fofuch@s ,crea connosco un fofuch@ do tu personaxe favorito. No Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16.30h a 19.30h. Actividade gratuita.

No Teatro Colón ,Bicharada. Bicharada é un espectáculo mudo e sorprendente interpretado por Paula Carballeira, Chiqui Pereira e Anabell Gago que conta a historia dunha araña e unha formiga que viven en paz no seu recuncho até que un día aparece un animal misterioso…un escaravello!. Recomendada pra nenos a partir de 3 anos. As 18:00. Prezo de 5 euros.

https://i2.wp.com/www.teatrocolon.es/wpimages/wp09d5a8a1_05_06.jpg

Que pasedes un bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana

Boas,  estas son algunas das actividades de cara a iste fin de semana:

Sábado día 26:

Policía.O Código de Circulación, de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Fin de semana dedicado a profesións especiais. Entrada gratuita.

Taller didactico de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Contacontos Infantiles de Medo ,no C.C. Espacio Coruña, de 17:30 a 20:00. Espectáculo de contacontos pra ir preparandose para os sustos da festa do Samaín. Actividad gratuita no Espacio Peques da planta baixa do centro.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da película Regreso o Futuro.

No Forum Metropolitano Cenicienta e As Zapatillas de Cristal, as 19:00. A cargo da compañía Luna Teatro, revisión por medio dos títeres, a danza e diferentes obxetos do conto clásico. Prezo da entra de 6 euros, có abono familiar o prezo é de  15 euros. Pra nenos a partir de 4 anos.

Fotografía de una escena de la obra que muestra a sus protagonistas, una de ellas dando un salto de danza vestida con unas mallas y por arriba un armazón de miriñaqui.

Domingo día 27:

Peque Chefs de postres monstruosos no C.C: Marineda City Cociña as tuas creacións monstruosas: cupcakes, popcakes e moitas cousas máis de 16:30 a 19:30. No Espacio Marineda Kids da segunda planta.

No Teatro Colón ,Mensaxe sen Botella. Caramuxo teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse. Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente. Recomendada pra nenos a partir de 5 anos. As 19:00. Prezo de 5 euros.

Que pasedes un bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana

Boas, istas son as actividades de cara a iste fin de semana, non hai tantas coma a pasada semana, pero de seguro que atopades algunha interesante:

Dende hoxe venres e ata o próximo domingo días 13, terá lugar o Salón infantil   ” Somos Papas” de 10:00 a 20:00 en Expocoruña. Neste evento,ademáis de actividades e iniciativas relacionadas co  sector, haberá talleres, xogos, hinchables, animación e conferencias. O custo da entrada é de 3 euros, con precio reducido de 2 euros se a descargades na web. É Gratuito para familias en estado de desempleo e os nenos entran gratis.

Sábado día 12:

Merendas no Aquarium;os sábados de 16:45 a 18:45 . Iste sábado iníciase ista actividade, que terá lugar dende o12 de outubro e ata o 28 de decembro. Recordarvos que pra participar nesta actividade é necesario a inscripción previa, e que cada participante só pode inscribirse pra un único sábado de ista serie de Merendas. Tendes toda a información nista entrada anterior do blog https://anpafaro.wordpress.com/2013/09/27/merendas-no-aquarium-finisterrae-outono-2013/

Taller de Percusión Mozart, de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Fin de semana dedicado as artes:, iste sábado Mozart. Taller de percusión. Entrada gratuita.

Taller didáctico de inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Animación: Deporte Divertido no C.C. Espacio Coruña, de 17:30 a 20:00. Espectáculo de animación con bailes, xogos, diferentes probas e talleres co obxetivo de fomentar a importancia do deporte nos máis pequenos. Actividad gratuita no Espacio Peques da planta baixa do centro.

Domingo día 13:

Marineda Masterskid`s Club. It’s harvest time! Conker competitions!, no C.C:. Marineda City de 16:30 a 19:30. All about the farm. Animals, crops, farm machinety… Scarecrows! Ista actividade é gratuita e realizarase en Marineda Kids na segunda planta do centro

Teatro pra nenos no Colón, Elefante Elegante inicia a programación infantil de cara o outono no Teatro Colón coa obra O forno de Flor de Lis, unha obra pra nenos a partir de 5 anos; ista obra invita a reflexionar sobre a forma na que estamos vivindo dentro de ista sociedade, a forma na que estamos empreagndo os recursos naturais e el destino que lles reservamos. A entrada ten un custe de 5 euros.

Máis información de ista obra neste enlace: http://www.teatrocolon.es/page126.html, e da programación infantil neste outro: http://www.teatrocolon.es/

Elefante_elegante_foto_kino

O luns día 14, no Centro Ágora, “Obradoiro de Lectura Expresiva”; se queredes aprender a contar un conto… ¡Todavía estades a tempo de pasar pola Biblioteca Municipal Ágora a pola vosa entrada!
Lembrade, trátase dun obradoiro para nais e pais con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.  Máis información neste enlace: https://www.facebook.com/events/373966079373705/

Pasade un moi bó fin de semana!!

ACTIVIDADES PARA O FIN DE SEMANA

Os venres faremos unha pequena axenda de actividades de todo tipo.
Mañan sabado día 14, no centro Agora, e con entrada libre, hai ista representación de títeres, da que vos adxuntamos o enlace:
Cosí fan Tutte o La escuela de los amantes de Mozart
Títeres vestidos de época tocando el piano y otros escuchando
Ópera para público familiar. Versión adaptada para quinteto de vientos y grupo de títeres por Títeres Cachirulo & Zoar Ensemble.
Tamén mañan sábado terá lugar a segunda charla que RocíoRamos-Paul, a Supernany, impartirá no centro comercial Espacio Coruña as 19:00, e con entrada gratuita; máis información nesta enlace: 
http://www.espaciocoruna.es/eventos/rocio-ramos-paul-la-supernanny-de-cuatro-impartira-dos-charlas-para-padres-en-espacio-coruna/
Por outra parte, tamén o sábado, de 18:00 a 20:00,no Centro Comercial Os Rosales impartirase un Taller Lúdico de Ingés, pra nenos de 3 a 10 anos; È gratuito, sendo preciso só a inscripción previa na súa web ou no número de teléfono 981 128 118.
 Na FNAC, e dende as 18:00, mañan haberá ” Tarde Dysney” con entrada gratuita, e onde se proxectaran películas Dysney, ademaís de un contacontos: La vuelta al mundo en 80 cuentos, tamén gratuito e dende as 18:00.
 Bó fin de semana !!