COMEDOR

A asociación xestiona o servizo de comedor e de madrugadores; para facer uso dos mesmos, é necesario pagar a matrícula ou facerse socio do Anpa.

ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS – PRAZOS E OPERATIVA

– Inicio curso: As inscricións de inicio de curso 2020-2021 poderán realizarse desde o día 19 de agosto ata o día 4 de setembro incluído.
– Durante o resto do curso: novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
– Non terán efecto as comunicadas fóra de prazo nin con defectos de forma

Os formularios cumplimentaranse únicamente a través da web jardanay (apartado área clientes e centro escolar).

Os datos para acceder á área privada do centro son:
– Usuario: victorlopezseoane
– Contraseña: comedores2020
No se se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin mail.

No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez. Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude ao correo electrónico. No caso de altas ou aumento de días no comedor, recibirase adicionalmente un segundo mail confirmando a praza. Nestes dous supostos, é imprescindible contar con este mail de confirmación para facer uso dos servizos. Non é necesario o mail de confirmación no resto de casos.

MENÚ PARA LEVAR (JARDANAY EN CASA)

286/10000Con esta modalidade, entrégase aos nenos unha bolsa que inclúe dúas barquetas (un primeiro e un segundo), sobremesa e pan para consumir en casa. A comida entrégase refrixerada. Para solicitalo, débese marcar na inscrición “Menú para levar” así como os días que desexan apuntarse.

– Non é posible combinar as opcións de comer no comedor e Jardanay en Casa.
– O precio é o mesmo que o menú no comedor.


DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

• Dieta branda: avisarase ao teléfono do coordinador/a ou á oficina antes das 9:00 da mañá. Non estará dispoñible esta modalidade en Jardanay en casa (menú para levar).

• Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. enfermidade celíaca): é imprescindible encher o formulario web e facilitar a documentación requirida. Enviarase un mail de confirmación autorizando a incorporación.

Máis información:

JARDANAY 2020-2021

Podedes dirixir as vosas consultas á empresa xestora do comedor no seguinte enderezo:

comedor@jardanay.es