COMEDOR

A asociación xestiona o servizo de comedor e de madrugadores; para facer uso dos mesmos, é necesario facerse socio da Anpa.

Altas, Baixas e Modificacions – Prazos e operativa

– Inicio curso: As inscricións de inicio de curso 2022-2023 poderán realizarse desde o día 10 de agosto ata o día 30 de agosto incluído.
– Durante o resto do curso: novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
– Non terán efecto as comunicadas fóra de prazo nin con defectos de forma

Os formularios cumplimentaranse únicamente a través da web jardanay (apartado área clientes e centro escolar).

Os datos para acceder á área privada do centro son:
– Usuario: victorlopezseoane
– Contraseña: comedores2022
Non se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin mail.

No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez. Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude ao correo electrónico. No caso de altas ou aumento de días no comedor, recibirase adicionalmente un segundo mail confirmando a praza. Nestes dous supostos, é imprescindible contar con este mail de confirmación para facer uso dos servizos. Non é necesario o mail de confirmación no resto de casos.

Criterios de acceso (por orde):

  1. Estar ao día de pagos coa ANPA e con Jardanay para que a inscrición sexa válida
  2. Bolseiros/as comedor.
  3. Necesidade de conciliación: que ambos  titores traballen en horario que imposibilite a atención ao mediodía aos nenos e/ou nenas ou un no caso de familias monoparentais. Marcarase unha casilla na inscrición online cunha declaración responsable e a ANPA poderá requirir os certificados correspondentes de ser necesario.
  4. Letras de prioridade no procedemento de admisión sorteadas pola Xunta de Galicia e publicadas na Resolución do 22 de febreiro de 2022 “Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “V” e “U”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “A” e “Z””

Novidades de este ano:

  • Volve o servizo de “esporádicos” sempre que a responsable do comedor confirme que hai dispoñibilidade de sitio para o día solicitado.
  • Non haberá a posibilidade de Jardanay en Casa.

Máis información:

Podedes dirixir as vosas consultas á empresa xestora do comedor no seguinte enderezo:

comedor@jardanay.es

A %d blogueros les gusta esto: