Na nosa actividade de Huerta Ecolóxica, Proxecto Sementeira, os pequenos aprenden a valorar e respectar a nosa contorna natural.
-xaneiro-
Coñecemos a través do lunario as fases da lúa e cómo afectan nos traballos de horta: facer semilleiros, plantar, podar…e atopamos o mellor día de xaneiro para facer a nosa sementeira de allos e alletes.







Aprendimos que se plantan no devalo da lúa e que para que medren allos plantamos os dentes, pero se queremos que saian alletes plantamos a cabeza enteira dun allo.
Traballamos dentro do invernadoiro, empezando a preparar un bancal para en febreiro plantar as fresas. Repasamos matemáticas e xeometría porque tivemos que facer un rectángulo e medir os seus lados. Que traballiño, descompactar a terra, sacar as pedras, mesturar o abono de esterco de cabalo coa terra…e bancal listo para plantar as primeiras fresiñas.




Tivemos que transplantar unha árbore pequena que estaba dentro do invernadoiro. Aprendimos como se fai, sen danar as raíces e cómo se planta de novo equilibrando a parte aerea das poliñas coa parte subterranea das raíces.






E tivemos un novo visitante na horta. Un ourizo cacho no composteiro!!!!. Sinal que estamos a facer ben as cousas, a fauna útil ven pola horta, moita biodiversidade.


Coñecemos diferentes sementes, qué distintas son, cantas cores, formas e tamaños. As identificamos, as tocamos, fixemos sementeiras e contamos un conto de sementes moi bonito.






-decembro-
Estreamos invernadoiro!
Estivemos falando do diseño da horta dentro, e empezando a abrir a terra para facer os bancais. Pero atopamos que debaixo hai recheo, pedras e pedras. A solución será traer terra de fora e facer uns bancais elevados.









Aprendimos a facer regos e plantar chícharos de semente, que estamos na época.
Os chícharos verdes que nos comemos, se os deixamos secar convértense en sementes para plantar a tempada seguinte, andá!!






Tamén examinaños os restos orgánicos que recollemos en casa. Cada semana levamos unha ou un o caldeiro de cores para casa. Despois na horta examinamos se está todo ben recollido entre tod@s e o botamos á composteira para que se vaian descompoñendo ata que se transforme en compost.




Hoxe tiñamos unhas feridas e collimos unha plantiña moi curandeira que se chama lingua de ovella ou llantén en castelán e que axuda a cicatrizar. Qué ben: na horta hai plantas que serven para curar ademáis de comelas.
-novembro-
Hoxe abrigamos as leituguiñas reciclando botellas baleiras coma se fora un mini invernadoiro.
Ainda fai moito frío para leitugas á intemperie!
Aprendemos a reutilizar de todo, a segunda, terceira e cuarta vida das cousas!


Coñecendo a algúns dos habitantes da horta: miñocas, caracois…


Fixemos unha nova sementeira de grelos, da variedade de Monfero.






Aprendemos a facer semilleiros en alveolos e botes de iogur reciclados. Esta vez de faballón e tirabeques.







Fixemos unha espiral de pedras para empezar a plantar.

Plantamos leituga verde riza, leituga folla de roble, col kale e unhas espinacas. E repartimos os cubos para levar a casa e traer restos orgánicos para facer o compost no cole para alimentar as plantiñas. Xa sabemos moi ben o que podemos botar e o que non!













Días de choiva:
Xa casi rematamos o paracaídas da horta, para aprender moitas cousas xogando.
Aprendemos a identificar as follas de moitas árbores, tivemos que atopar as que eran da mesma familia e agrupalas. Rematamos cunha chuvia de follas. Qué formas e cores máis bonitas!!


As nabizas empezando a saír.
E preparando a terra para plantar máis nabos!




O venres 4 fixemos zume de mazá. Unha mazá autóctona chamada “Ollo Mouro”, ben rica!








Primeiro hai que triturar a mazá na estruxadora e logo coa prensa esmagala ata que sae todo o zume. Logo a beber!!
Como gustou a todos o zume recén feito por un mesmo!
-outubro-
Primeiro dia. Chovía moito e empezamos facer un paracaídas con material reciclado para os xogos da horta.



Estivemos vendo e aprendendo de todo o que deu a horta. E recollemos agora, o que logrou sobrevivir sen os nosos coidados durante o verán.
Patacas, physalis, … folliñas secas do outono para a composteira







Recollimos flores de malva para secalas e logo facer un xarope para os catarros do inverno.
Tamén empezamos a preparar a terra para plantar nabizas, aínda que un pouco retrasados na época.
E seguimos colleitando o que plantamos na primavera pasada: cebolas, porros, remolacha, acelga…
Todo para casiña para comer😋😋😋😋







Samaín e Magosto!
Aprendendo da castaña, de onde sae, qué usos tradicionais ten, cómo son as follas do castiñeiro, os ourizos que pinchan, as moitas variedades autóctonas que hai con nomes tan divertidos como “famosa”.









Facendo zonchos de castañas, os collares de castañas cocidas tradicionais.


