EXTRAESCOLARES 2022-2023

Para facer uso do servicio de Actividades Extraescolares, é necesario ser socio da Anpa. Podedes ver o procedemento en: https://anpafaro.wordpress.com/rexistrate/

Nos cuadrantes de horarios, están marcados en amarelo as actividades ofrecidas a través da Federación de Anpas.

Horarios Educacion Infantil


Horarios Educacion Primaria

No caso de Primaria, os grupos de idades son diferentes según cada actividade.
Pode ser: toda primaria (EP), ou únicamente dous ou tres cursos de primaria (123EP por exemplo, estaría dirixido a alumnos de 1º, 2º e 3º). É necesario por tanto comprobar o día e hora na que pode apuntarse o alumno, según o seu curso.

* Os mércores, Natación Escolar (34EP): de 16.30 a 17.15 (máis o tempo necesario para o traslado en autobús ata o Clube do Mar, e o regreso)

Actividades no CEIP TORRE

Este ano, colaboramos de novo co CEIP Torre, permitindo que os nosos alumnos e socios da nosa Anpa acudan ás extraescolares no seu centro, e viceversa.

A inscripción farase sempre no formulario da Federación de Anpas.

É necesario que os alumnos sexan entregados no CEIP Torre (non hai traslado entre centros); polo tanto os nenos usuarios de comedor, que desexen acudir a unha das súas actividades, deberán ser acompañados por un familiar ou adulto que se faga responsable, á hora de inicio e fin da actividade.

Estas son as actividades propostas:


INSCRIPCIÓN, PREZOS E FORMA DE PAGO

As actividades extraescolares propostas para o curso 2022-2023, están agrupadas dentro de:

  • propostas de lecer educativo da Federación Provincial de Anpas, en colaboración co Concello da Coruña (en amarelo no horario)

(Baloncesto, Predeporte, Xogos Ritmicos, Teatro para EI, Multideporte)

Estas actividades están subvencionadas en parte polo concello.

  • actividades xestionadas a través da empresa Serocio

(Fun English, Judo, Badminton, Robótica, Teatro para E.P., Debuxo e Pintura, Futbol, Inglés, Baile Urbano, Horta)

  • campaña de Natación Escolar (sólo para 34EP)

Cada opción ten un método de inscripción e forma de pago diferentes.

Para que a inscripción sexa válida, é necesario en primeiro lugar ter cuberto o formulario de inscripción no Anpa Faro e facer o abono da cota de 23€ anuales (por familia).


BALONCESTO, PREDEPORTE, XOGOS RÍTMICOS, TEATRO (Infantil), MULTIDEPORTE
A inscripción faráse en liña, no formulario da Federación de Anpas, dende o momento da apertura do formulario ata o 18 de setembro:
Portal de Inscripciones de la Federación (fedapascoruna.org)
Unha vez acabado o plazo de inscripción, e pechado por tanto este formulario, calquera modificación alta ou baixa deberá ser comunicada enviando un mail a: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org , con copia a anpafaro@hotmail.com

Aboaranse (mediante domiciliación bancaria) 3 cotas ao longo do curso 22/23 nos seguintes períodos:
– Período outubro-decembro: 15€ por participante e actividade.
– Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e actividade.
– Período abril-maio: 10€ por participante e actividade.-

Todos os escolares inscritos aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos as actividades xestionados pola Federación de Anpas para o curso 22/23.

Estarán exentos de calquera cota (agás a do seguro de accidentes) os nenos ou nenas que xustifiquen ser beneficiarios da beca comedor para o curso 22/23.

Podedes ver máis detalle do programa de actividades, no documento enviado pola Federación:
anpas_2022-23

CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR

A Campaña de Natación Escolar organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) .

A Campaña levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar os mércores de 16:30 a
17:15h.

Un autobús recolle ós alumnos nun punto determinado do barrio, os traslada ás instalacións do Club del Mar, e os trae despois de volta ó mesmo punto.

O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.

O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 de setembro e remata o 23 de setembro.

A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta, nas oficinas do Club del Mar.

A data prevista de comenzo será o mércores 5 de outubro.

Podedes ver máis detalle, na entrada do blogue:

https://anpafaro.wordpress.com/2022/09/10/campana-natacion-2022-2023/
FUN ENGLISH, JUDO, BADMINTON, TEATRO (Primaria), FUTBOL, HORTA, BAILE URBANO, INGLES (Primaria), DEBUXO E PINTURA

A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: https://serocio.com/inscripcion-actividades-victor-lopez-seoane-curso-2022-2023/

Unha vez pechado o formulario, calquera modificación deberá ser enviada á dirección actividades.serocio@gmail.com , con copia a anpafaro@hotmail.com

O plazo para altas, baixas ou modificacións, será entre os días 20 e 26 do mes, tendo efecto a partires do seguinte mes. No caso de facer a notificación máis tarde do 26, deberase esperar un mes máis para o cambio.

Aínda xestionadas pola empresa Serocio, algunha das actividades son impartidas por academias/clubes o monitores especializados.

Isto é así para: Inglés (de Educación Primaria), Judo, Debuxo e Pintura, Horta ecolóxica e Robótica. dossier-explicativo-actividades-22-23



A %d blogueros les gusta esto: