EXTRAESCOLARES

HORARIOS 2020-2021

Aparecen en gris, as actividades para as que aínda non acadamos o número mínimo de alumnos para formar grupo.


PROCEDEMENTO DE ALTAS E BAIXAS

O formulario de altas atópase actualmente pechado.

Para novas altas, modificacións u baixas, está habilitado o mail inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org e o teléfono 649 055 939, onde se atenderán as peticións solicitadas.

ACTIVIDADES SEGÚN IDADES

– O período de realización en todas elas é dende o 1 de outubro, ata o 31 de maio.

– Dúas horas semanais (excepto Contacontos, que será de 1 hora)

– Co obxectivo de manter os protocolos de seguridade actuais, cada grupo estará formado únicamente por 9 alumnos e un monitor, ou 8 alumnos + 2 monitores no caso de que algún neno requira apoio.

O criterio para adxudicar as plazas será por orde de inscripción, quedando as seguintes familias en lista de espera por se hai baixas, ou se podemos abrir un segundo grupo nun novo horario.

– O pago trimestral realizarase mediante domiciliación bancaria.

– Será necesario aboar ademáis unha cota única de 4€ en concepto de seguro de accidentes que lle dará cobertura en calquera das actividades xestionadas pola Federación de ANPAs no curso 20/21.

DEPORTE NO CENTRO

Xogos Rítmicos – Ritmo Baile Moderno

Xogos Motores (psicomotricidade) – Predeporte – Multideporte

Patinaxe

O programa de Deporte no Centro, favorece o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica física e deportiva.

As propostas están adaptadas ao nivel madurativo dos participantes, comezando co xogo como recurso pedagóxico na etapa infantil, e o deporte nos últimos anos de primaria.

Sempre que o tempo o permita, intentarán aproveitarse os espacios exteriores para a práctica deportiva.

En Predeporte e Multideporte, o atletismo será o punto de partida, pero unha vez iniciado o curso, o monitor adaptará o contido semanal ás preferencias dos alumos, podendo variar por mes, trimestre, ou adicando un dos días da semana a unha práctica deportiva concreta.

En Patinaxe, os alumnos deben levar o seguinte equipamento: proteccións de mans, cóbados e xeonllos, casco, e patíns. É conveniente que sexan autónomos á hora de poñer/quitar este equipamento, xa que os pais non temos permitido o acceso ó centro.

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:

 Período outubro-decembro: 15€ por participante

 Período xaneiro-marzo: 15€ por participante

 Período abril-maio: 10€ por participante

ARTE E CULTURA

Teatro

Contacontos

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:

 Período outubro-decembro: 15€ por participante

 Período xaneiro-marzo: 15€ por participante

 Período abril-maio: 10€ por participante

ENGLISH LAB

Novo programa de idiomas, o cal ten como obxectivos xerais, fomentar o coñecemento do idioma nun contexto lúdico, e adquirir competencia comunicativa na súa faceta oral; escoita e fala.

Contidos:

– 1º e 2º: Reforzo do léxico e das construcións sintácticas básicas, así como achegamento a contidos gramaticais básicos.

– 3º e 4º: Ampliación e reforzo do léxico e das construcións sintácticas, así como reforzo de contidos gramaticais básicos.

– 5º e 6º: Profundización nas construcións sintácticas, gramaticais e sintagma verbal, así como ampliación e reforzo de léxico.

Cotas trimestrais a aboar no curso 20-21

 Período outubro-decembro: 45 € por participante

 Período xaneiro-marzo: 45 € por participante

 Período abril-maio: 30 € por participante