EXTRAESCOLARES

HORARIOS 2019-2020


ALTA EN ACTIVIDADES

XESTIONADAS POLA FEDERACIÓN

(POE / Patinaxe)

Os trámites realízanse a través do formulario web da Federación, pero agora mesmo están pechados os plazos para este curso. É necesario poñerse en contacto coa Federación para calquer cambio: ocio@fedapascoruna.org 

XESTIONADAS POLa ANPA

(Resto de actividades: Baile galego, Ciencia divertida, Cociña, Debuxo, Fun English, Futbol, Judo, Proxecto Sementeira, Psicomotricidade, Robótica, Teatro)

Entre o día 10 e 20 de cada mes, o alta tramítase a través do seguinte formulario web:


BAIXA EN ACTIVIDADES

XESTIONADAS POLA FEDERACIÓN

A baixa de actividades xestionadas pola Federación, realízase a través do correo: ocio@fedapascoruna.org 

XESTIONADAS POLa ANPA

Entre o 10 e 20 de cada mes, enviando un mail a anpafaro@hotmail.com, co asunto ACTIVIDADES BAIXA, indicando no correo o nome do neno e a actividade na que cause baixa. En caso de non cumplir o plazo, será necesario abonar a cota do mes seguinte.


LISTA DE ESPERA

Naquelas actividades onde non quedan plazas disponibles, está habilitado un formulario de Lista de Espera:

Neste momento, temos lista de espera para as seguintes actividades:

  • Ciencia Divertida
  • Proxecto Sementeira (Horta)
  • Multideporte (Psicomotricidade)
  • Judo (E.P.)
  • Teatro

PAGO DE COTAS

O pago das cotas debe realizarse nos 5 primeiros días de cada mes. Pode facerse en efectivo, no local do Anpa, ou mediante transferencia ó seguinte número de conta: ES87-0081-2189-1200-0108-5516

Dende este ano xa non é necesario enviar o xustificante de pago por e-mail.