ENTREGA CESTA SORTEO NADAL

Bos días familias.

O pasado 26 de Decembro fixemos entrega da cesta que sorteamos cas rifas para acadar fondos para material deportivo para os nosos nenos e nenas.

Noraboa á familia gañadora e agradecervos a todos pola vosa participación e colaboración…

Un saudo

A Directiva da ANPA.

MENÚ 2⁰ TRIMESTRE

Bos días,

Achegámosvos o menú para este trimestre. O menú tamén estará colgado na plataforma en liña de jardanay para que as familias téñano a man e poidan descargalo cando queiran.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

NOVO PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Bo día familias, esperamos que teñades pasado unhas boas festas e que teñades un ano 2023 cheo de felicidade.

Neste artigo do blogue queremos comunicarvos o novo protocolo de entradas e saídas das actividades extraescolares, que comezará o vindeiro luns día 9 de xaneiro.

Os nenos e nenas de comedor serán recollidos polos monitores e monitores de cada actividade no pavillón, onde xa estarán  colocados por actividade.

Os/as monitores/as irán entón ao PUNTO DE ENCONTRO, situado no patio cuberto (ao  lado da porta do comedor), que estará identificado/a co nome da actividade. Os nenos e nenas que veñan da casa, serán entregados polos seus pais e nais ao monitor/a neste lugar.

As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.

Os nenos e nenas que rematen a actividade ás 17:00 serán entregados as familias de novo no PUNTO DE ENCONTRO (situado no patio cuberto, ao lado da porta de comedor), os nenos e nenas que pasen da actividade das 16:00 ás 17:00 serán entregados polo monitor/a das 16:00 ao monitor/a das 17:00. As familias que entren para a actividade das 17:00, deberán ir ao PUNTO DE ENCONTRO para entregar aos nenos e nenas ao monitor/a correspondente.

As familias que non cheguen puntuais ás actividades, serán as encargadas de levar aos seus fillos/as a aula/espazo onde se realice a actividade e asegurarse que é recollido polo monitor/a.

Ás 18:00 os nenos e nenas serán entregados como se viña facendo ata o de agora, os nenos e nenas que están a desenvolver a súa actividade no pavillón, recolleranse alí, os nenos e nenas que desenvolven as actividades en aulas, no porche.

Esperemos que esta nova forma de proceder, mellore as entradas e saídas das actividades extraescolares, polo que vos pedimos a máxima colaboración para que sexa posible.

Moitas grazas a todas e todos e que teñades un bo inicio de trimestre.

Un saúdo.

A Directiva da ANPA.

NOVO INVERNADOIRO PARA O PROXECTO SEMENTEIRA

Ola, familias.
Como moitos sabedes, nas últimas semanas dende a Anpa emprendemos a instalación dun pequeno invernadoiro, que permitirá seguir crecendo o noso Proxecto Sementeira.
É así como chamamos á actividade de Horta ecolóxica, que se imparte en horario de comedor (mércores e venres) e tamén de 16.00 a 17.00 os venres.
Un dos obxectivos que perseguimos na actividade é acadar un maior coñecemento e respecto polo medio ambiente, aspecto valorado pola Deputación da Coruña, que a través dunha subvención do programa FO204/2022 financiará en parte este investimento.
Esperamos que os nenos desfruten deste novo espacio, que teremos que ir acondicionando e evolucionando nos próximos meses.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

N⁰ AGRACIADO PARA O SORTEO CESTA NADAL

Boas noites familias….

XA TEMOS N⁰ GAÑADOR DA CESTA DE NADAL!!!!!

O n⁰ premiado no sorteo da ONCE de esta noite foi o 58.292

Polo que o gañador da cesta é a persoa que teña o boleto co n⁰ #0292#.

¡¡¡¡¡¡¡Noraboa!!!!!!!

Rogamos a o/a agraciado/a poñase en contacto connosco canto antes para poder facerlle a entrega da cesta.

Un saudo.

A Directiva da ANPA.

SORTEO CESTA NADAL

Ola familias!!!

Boa finde a tod@s!!! Estes días, dende a Anpa andamos a vender rifas para o sorteo dunha cesta de Nadal.
Sabedes que o pasado ano, cos donativos axudamos a financiar o mural do cole. Esta vez queremos acadar unha nova xaula para gardar e conservar o material deportivo no pabillón.

O sorteo será o vindeiro martes 20 de Decembro co número agraciado no sorteo da once de ese día, e o gañador será o boleto que coincida coas tres derradeiras cifras.
Así que o luns será o último día para poder mercar os boletos.
Aínda estades a tempo! Preguntade na entrada/saída do cole: 1€ cada boleto.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

CAMPACOLES NADAL 2022-2023

Boas noites familias….

Informásmosvos que a Federación Provincial de ANPAs, poñerá en marcha o programa Campacoles neste período de Nadal, nos seguintes centros educativos:

CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP San Francisco Javier
CEIP San Pedro de Visma

A inscrición será do luns 12 ao mércores 15 de este mes no seguinte enlace: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Adxuntamos díptico informativo coa información do programa.

Un saudo.

A Directiva da ANPA

Votacion Orzamentos participativos venres 25 no Centro Civico Montealto

Bos días

Como sabedes, a proposta de arranxo da pista do noso centro superou a primeira fase de votacións.
Agora hai unha nova fase de votacións entre as propostas finalistas, ata o 30 de novembro.
Podes facelo na web do concello, ou presencialmente: hoxe venres 25 de novembro no Centro Cívico de Monte Alto, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Se aínda non o fixeches, anímate a participar.

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4135

Entre tod@s podemos acadalo!!!

Un saudo

A Directiva da ANPA