ORLA fin de curso

Os alumnos e alumnas  de 6º curso que desexen a orla de fin de curso coma recordo do colexio, poderán recollela a partir do 10 de xuño no local da ANPA.

A orla é un obsequio para os noso socios e socias.
En caso contrario, a orla poderá mercarse previo encargo e pago de 5 €.

Agradecemento

Queremos agradecer especialmente aos socios e socias desta asociación que fagan posible coa súa cota, entre outras cousas, a festa de fin de curso que terá lugar o vindeiro 28 de maio na escola.

E animamos a todos os pais e nais a que participedes con nós no futuro.

Mandilóns e Chándales

A ANPA  dixará de vender os mandilóns e chándales do colexio o vindeiro curso, tal ecoma viña facendo ata o momento.  As prendas poderán ser adquiridas en diferentes comercios da cidade, polo que xa esperamos que os prezos varían considerablemente. 

Polo de agora estas prendas poderán se adquirir na nosa oficina ATA FIN DE EXISTENCIAS.

Servicio de MADRUGADORES e COMEDOR curso 2010-2011

Para que as familias poidan facer uso dos servicios de COMEDOR e MADRUGADORES dende o  comezo do curso 2010-2011 no vindeiro mes de setembro, É PRECISO QUE SE CUMPRIMENTEN OS IMPRESOS DE SOLICITUDE  xa.

Aqueles de vos interesados no uso destes servicios, por favor, entregade cuberta as solicitude correspondente  antes do 20 de xuño.

Os impresos de solicitude os poderedes recoller dende o 1 de xuño no noso local.

Nota: o servicio de MADRUGADORES só pode funcionar no caso de  reunir un mínimo de 15 nenos que o soliciten CON ALMORZO. Mais información aquí.