Estimadas nais e pais, dámosvos a benvida ao colexio, e aproveitamos para informarvos de varios puntos que poden ser do voso interese.
A partir do día 1 de xuño e até final de curso o novo horario da ANPA será de 9:00 h a 9:30 h da mañá os luns, xoves e venres.
Se queredes que os vosos fillos fagan uso do servizo de comedor ou do programa madrugadores desde o primeiro día do curso, debedes cubrir os impresos de solicitude, antes de que remate este curso, estes estarán dispoñibles :
- no local do comedor
- desde o día 1 de xuño, todos os días antes das 9 da mañán, ou de 2 a 4 da tarde,
- e quen estea interesado terá que entregalos cubertos no mesmo sitio e ás mesmas horas antes do 20 de xuño.
Para resolver calquera dubida ou aclaración con respecto a estes ou outros temas, podedes dirixirvos á oficina no horario antes indicado.
A ANPA vai deixar de vender os chándales e mandilóns de Educación Infantil, até fin de existencias podedes conseguir esta roupa na oficina, despois a venda farase nas mesmas tendas da cidade onde se venden os uniformes e os prezos variarán considerablemente.
Como novidade salientable a ANPA ten un blog grazas a colaboración dunha nai da asociación que o deseñou. Podédelo consultar no seguinte enderezo: https://anpafaro.wordpress.com
UN SAÚDO
0.000000
0.000000