POE (Programa de Ocio Educativo)

Cada día da semana, as actividades están organizadas cunha temática diferente. Aquí podedes ver o que fixeron nestes meses.


Eureka

O obxetivo é aproximar ás crianzas ó mundo da ciencia e das matemáticas a través da diversión e do xogo.

Algunhas das actividades realizadas:

  • realización de experimentos en conxunto, así como interacción co grupo da actividade de Ciencia Divertida.
  • creación de diferentes xogos de puzzles con diferente dificultade (por cores, con números, puzzles hexagonais de animais, etc). Dominós normais e de temáticas relacionadas coas emocións…
  • xogos relacionados coa creación de figuras e imaxes con paos de xeado, tángram.


Enxebre

Acercamos ós nenos e nenas ás nosas raíces a través da tradición popular e cultural galega.

  • xogos incluindo personaxes importantes da nosa cultura
  • adiviñas, mural en grupo, xogos tradicionais


Escola de actores

  • mímica e expresión corporal
  • xogos por parellas para afianzar a confianza nun mesmo e nos demáis
  • xogos para promover a creatividade, como a creación de historias de forma conxunta
  • adaptación da obra A cebra Camila (para nós, A pirata Renata), creación da vestimenta e personaxes do conto.


Feito a man

Espertar a sensibilidade polo mundo artístico.

  • creación dun mural de forma conxunta, un mural emocional, representación da propia imaxe
  • caretas para Samaín, postales en Nadal, …

O ritmo do son

Fomentamos o desenrolo físico, emocional e social a través da interacción co mundo musical.

  • xogos, co corpo como instrumento
  • adaptación de xogos tradicionais
  • este curso, realizouse un encontro con nenos doutros colexios.