Finalmente iste ano tamén iníciase a Campaña de Natación Escolar, da que onte recibimos a información.
Esta campaña vai dirixida aos alumnos de 2º ciclo de Educación Primaria (3º a 4º ). O número de prazas ofertadas é de 25, sendo necesario un mínimo de 12 para a participación na mesma.
Realizarase na piscina do “Club del Mar de San Amaro” os mércores de 16:30 a 17:15.
O servizo municipal de deportes indica que intentará manter o horario indicado, non obstante e debido as posibles variacións na matriculación dos alumnos, cabe a posibilidade de modificaións.
O prezo por alumno é de 53,47 euros polo curso completo. A cuota inclúe o traslado dende o centro con acompañante, e unha cobertura sanitaria.
O prazo máximo de inscripción remata o venres 20 de septembro, e a folla de inscripción atópase na Anpa.
A data de comenzo prevista da actividade é na semana do 8 ao 11 de outubro.
0.000000
0.000000