Tag Archives: asamblea

PRIMEIRA REUNIÓN DO ANPA CON PAIS E NAIS

21 Set

Boas,

Recordade que o martes 22 as 16:15 horas temos a primeira reunión do curso para tratar diversos temas: benvida ós novos pais e nais, actividades estraescolares, comedor, uniformes, horario do anpa a partir de mes de outubro… Polo que esperamos a vosa presenza.

Advertisements

AVISOS IMPORTANTES.

16 Mai

Ante a proximidade do fin de curso e da presentación de algunhas novidades, queremos comunicarvos algunha información importante:

1/ Chegounos a ANPA unha proposta do Club Deportivo Marte, para sumar ás nosas actividades extraescolares do próximo curso 2013/ 14, a de fútbol, que sería impartida por eles mesmos. Ofrécena para todas as idades e de forma gratuita, coa única condición de asociarse na ANPA. Precisamos saber do número de persoas interesadas, para comprobar se son suficientes para formar un grupo, e comunicarllo ao clube, así que se queredes participar, podedes dirixirvos á ANPA e anotarvos para esta actividade na semana do 20 ao 26 de maio.

2/ Este curso non haberá exhibición de actividades, como xa lembramos na última asamblea. No seu lugar, vaise celebrar unha semana de portas abertas para pais e nais, para que poidan acceder as aulas e ver ás nenas e nenos realizando as actividades. As datas son:

– Patinaxe: luns 27 de maio.

– Ballet: mércores 29 de maio.

– Xogos e multideportes: xoves 30 de maio

– Judo: venres 31 de maio.

Por outra banda lembramos que durante o mes de xuño non se imparten actividades extraescolares, é dicir que o último día será o 31 de maio.

3/ Lembramos que o próximo luns día 20 de maio non haberá clase, dado que foi o día designado polo centro entre os de libre elección, e así se comunicou na circular de principio de curso.

4/ O último día para pagar as orlas encargadas, tanto de infantil como de primaria, é o mércores 22 de maio, é importante a puntualidade para poder facer fronte ao pago das copias.

5/ A festa de fin de curso deste ano, celebrarase o venres 21 de xuño, último día de clase. Poderemos disfrutar de animación, inchables, obradoiros, zona de xogos… Para socios e socias a entrada é gratuita presentando o carné á entrada. Para o alumnado non socio, a entrada será de 5€. En breve farémosvos chegar a programación e o horario.

6/ O día 21 de maio, ás 16:30h. celebrarase a Asamblea, co fin de presentar as candidaturas e elixir á nova Xunta Directiva, e para tratar todos estes temas con máis detalle. Dada a importancia da mesma, agardamos que participedes e manifestedes a vosa opinión.

Isto é todo, esperámosvos na Asamblea Xeral!