LISTAS DEFINITIVAS BECAS COMEDOR 2013-14

Hoxe día 11, o Concello de A Coruña publicou as listas definitivas de beneficiarios das becas de comedor para iste vindeiro curso. As podedes consultar nos Centros Cívicos, nos Rexistros municipais, na web do Concello ou ven telefonicamente no 010.

Para as familias beneficiarias das becas, ábrese un plazo de 15 días , a partir do día 12 de septembro, para adxuntar a documentación para poder acceder a ditas becas. Isa documentación débese presentar no Centro Cívico Municipal correspondente, no caso do noso colexio, o situado na Rúa Vereda del Polvorín, 4 (Pz. de los Abuelos),  tlf. 981 184 372.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Informámosvos que a consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de Axudas para a adquisición de libros de texto para o próximo curso 2013 – 2014. No enlace podedes consultar os requisitos e descargar os impresos de solicitude, o prazo de presentación para o alumnado de educación primaria e educación especial é do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B

 

 

 

NOVIDADES

Informamos que esta mañá xa se tomaron as fotos para a orla do alumnado de último curso de Educación Primaria. Estaba previsto facelo tamén para os do último curso de Infantil, pero non foi posible por que varios estaban con varicela.

As persoas interesadas en adquirilas podedes solicitalas á ANPA na oficina.

Por outra banda, como xa anunciamos, hoxe veñen de publicarse as bases para a concesión das bolsas de comedor. Aquí vos deixamos o enlace para que as podades consultar e obter os impresos.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/04/09/2013_0000003992.pdf

BOLSAS PARA COMEDOR

Comunicamos a todos os usuarios e usuarias do servizo de comedor que está previsto para o próximo día 9 de Abril de 2013 a publicación das bases para as bolsas de comedor do próximo curso 2013/14, na que figurarán xa os impresos necesarios para a súa solicitude e a documentación a acompañar. Resumimos a continuación os puntos máis relevantes:

. Prazo de presentación: 15 días hábiles a contar desde o día seguinte á súa publicación.
. Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello e en calquera das súas sedes. O lugar máis próximo ao noso centro tédelo en Urbanismo.
. Renda: Este ano para ser concedida, a renda per cápita (por compoñente) da unidade familiar non pode superar os 4.153,58€ anuais.

Importante: Debido a que o prazo de presentación é moi curto e a documentación requirida é moita, podedes presentar a instancia cos documentos que teñades nese momento e así entrar dentro do prazo, posteriormente podedes entregar a documentación restante.

Aproveitamos para recordarvos que a partir do día 15 de Abril  poderedes formalizar a reserva de praza de comedor e madrugadores para o curso 2013/14. Para o que podedes recoller e entregar  os impresos na ANPA. Antes da súa entrega é requisito imprescindible ter pagado 20€ en concepto de cota anual como socio. Isto vai dirixido a usuarios bolseiros e non bolseiros.

O alumnado que xa o estexa a utilizar tan só terá que entregar o impreso de renovación e os novos e novas solicitantes entregarán impreso de alta e domiciliación bancaria.

O pago da cota da ANPA lembrámosvos que é unha achega que se fai para que esta asociación poida levar a cabo xestións (comedor, madrugadores), eventos (festas), desenvolvemento de actividades extraescolares e achega do material necesario para o desenvolvemento das mesmas así como para os gastos varios que repercuten sobre a Asociación no desenvolvemento destas xestións (teléfono, compulsas, material de oficina, etc).

Sen máis quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida no local da ANPA, a través do noso teléfono, do correo electrónico ou podedes comentar aquí no blog.