NOVOS XOGOS PARA O PATIO

Ola, familias.
Como sabedes, dende a Anpa Faro levamos varios anos fomentando a igualdade entre sexos mediante obradoiros e talleres (tanto para pais como para alumnos), e queremos completar estas iniciativas promocionando xogos inclusivos nos patios.
Con este fin, e en colaboración coa Diputación da Coruña (FO204/2022), vimos de adquirir materiais de xogo de exterior:


Todo isto compleméntase co resto do material (raquetas e redes, balons de diferentes deportes, colchonetas, etc) xa comentado nunha noticia anterior, e tamén coa labor de pintado de xogos levada a cabo hai varios meses nos patios (mariolas, xogo das catro esquinas, pista de brilé, circuitos).
Desta forma, queremos poñer a disposición da rapazada novas opcións de xogo máis aló do futbol, intentando que cada un deles atope o seu espacio e os seus compañeiros de xogo.
Comezaremos pouco a pouco cos nen@s usuarios de comedor, e gradualmente por cursos, a medida que podamos ir organizando o acceso ó material, xunto cos monitores.

Esperamos conseguir entre todos, un patio no que ninguén se sinta excluido.

Becas comedor 2016-2017

O martes 5 de abril de 2016, publícouse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017.

 

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

 

Na propia convocatoria, que se achega en pdf, figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Achéganse por separado por se son de interese.

 

Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténse como en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñen cobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.

 

A información e os impresos pódénse obter na web municipal de servizos sociais

(www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Programa municipal de traballo con familias

Concello da Coruña

 

Anexo 1 Declar. responsable. 2016-2017

Anexo 2 (autoriz. datos AEAT) 2016-2017

Convocatoria bolsas comedor 2016-2017 (BOP 5-4-2016)

Folga No ensino Xoves 24 de Outubro: Comedor CEIP Victor López Seoane

Con motivo da folga prevista no ensino iste vindeiro xoves 24 de outubro, pedímosvos a todolos pais e nais que usades o servicio de comedor do colexio, que no caso de que os nenos non acudan a clase o xoves por motivo da folga, mañan mércores o comuniquedes as monitoras do comedor.

INFORMACION ANPA

Ampliamos a información acerca do horario de atención da Anpa o longo diste mes,e sobre as Actividades para iste novo curso.

HORARIO ANPA

Abriremos, de maneira excepcional para os país e naís dos nenos que entre novos no colexio, os días 6 de septembro de 10:00h a 11:00 e o 9 de septembro de 10:30 a 11:30.
Dende o 11 de e ata o día 27 de septembro, estaremos de luns a venres de 09:00 a 10:00, ampliando en media hora o horario que anteriormente vos facilitamos . A partir do mes de octubre, teremos outro horario, que xa vos comunicaremos.

O longo destes días tamén vos  facilitaremos o novo número de  teléfono no que estaremos a vosa disposición para calqueira tipo de xestión ou consulta, e recordarvos que tamen podedes contactar con nós por medio do noso correo electrónico : anpafaro@hotmail.com

COMEDOR E MADRUGADORES

Para as familias que foron usuarias do comedor o ano pasado, estamos agardando a chegada dos cheques do comedor. Esperamos telos de cara o vindeiro mes de decembro, e no momento que dispoñamos deles, avisarémosvos nunha nota informativa.

Os alumnos usuarios do comedor, terán dous horarios de saída: ás 15:30 e ás 16:00, fóra de iste horario o centro permanecerá pechado e non se poderá acceder as instalacións . Agradeceríamos que lles notificasedes os  monitores do comedor cal das dúas será a hora de saída dos vosos fillos o longo do curso.
Os pais que traian os seus fillos o programa de Madrugadores, para acceder o colexio, deberán chamar ao timbre, e será un monitor o que lles abrirá.

BANCO DE UNIFORMES E LIBROS

Todo o que teña roupa escolar ou libros en bo estado e queran donalos para o Banco de libros e Uniformes do centro, deberá entregalos no local da ANPA, que será a que xestione a súa entrega as familias que os necesiten.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Continuaremos coas actividades subvencionadas pola Federación de ANPAS, ademaís de continuar ofertando a actividade de Judo.
Engádese a actividade de Fútbol, que será impartida polo Clube Deportivo Marte.
Por outro lado, tamén vos imos a propoñer una seríe de actividades promovidas pola ONG Equus Zebra, e que consideremos que teñen un contido tanto didáctico coma lúdico moi interesante e que aumentan a oferta de actividades que xa había. Señalar que gran parte do custo de isas actividades que oferta Equus Zebra , vai revertir en fines e proxectos sociais que desarrolla dita ONG.

Adxuntamos un archivo co resumen provisional das Actividades que se ofertan para iste novo curso.

RECORDAROS QUE E NECESARIO E IMPRESCINDIBLE SER SOCIO DO ANPA PARA FACER USO DO SERVICIO DE COMEDOR, MADRUGADORES E DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
A CUOTA É DE 20€ POR FAMILIA Ó ANO

Un saudo

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROVISIONAIS PARA O CURSO 2013-14

NOVIDADES

Informamos que esta mañá xa se tomaron as fotos para a orla do alumnado de último curso de Educación Primaria. Estaba previsto facelo tamén para os do último curso de Infantil, pero non foi posible por que varios estaban con varicela.

As persoas interesadas en adquirilas podedes solicitalas á ANPA na oficina.

Por outra banda, como xa anunciamos, hoxe veñen de publicarse as bases para a concesión das bolsas de comedor. Aquí vos deixamos o enlace para que as podades consultar e obter os impresos.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/04/09/2013_0000003992.pdf

BOLSAS PARA COMEDOR

Comunicamos a todos os usuarios e usuarias do servizo de comedor que está previsto para o próximo día 9 de Abril de 2013 a publicación das bases para as bolsas de comedor do próximo curso 2013/14, na que figurarán xa os impresos necesarios para a súa solicitude e a documentación a acompañar. Resumimos a continuación os puntos máis relevantes:

. Prazo de presentación: 15 días hábiles a contar desde o día seguinte á súa publicación.
. Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello e en calquera das súas sedes. O lugar máis próximo ao noso centro tédelo en Urbanismo.
. Renda: Este ano para ser concedida, a renda per cápita (por compoñente) da unidade familiar non pode superar os 4.153,58€ anuais.

Importante: Debido a que o prazo de presentación é moi curto e a documentación requirida é moita, podedes presentar a instancia cos documentos que teñades nese momento e así entrar dentro do prazo, posteriormente podedes entregar a documentación restante.

Aproveitamos para recordarvos que a partir do día 15 de Abril  poderedes formalizar a reserva de praza de comedor e madrugadores para o curso 2013/14. Para o que podedes recoller e entregar  os impresos na ANPA. Antes da súa entrega é requisito imprescindible ter pagado 20€ en concepto de cota anual como socio. Isto vai dirixido a usuarios bolseiros e non bolseiros.

O alumnado que xa o estexa a utilizar tan só terá que entregar o impreso de renovación e os novos e novas solicitantes entregarán impreso de alta e domiciliación bancaria.

O pago da cota da ANPA lembrámosvos que é unha achega que se fai para que esta asociación poida levar a cabo xestións (comedor, madrugadores), eventos (festas), desenvolvemento de actividades extraescolares e achega do material necesario para o desenvolvemento das mesmas así como para os gastos varios que repercuten sobre a Asociación no desenvolvemento destas xestións (teléfono, compulsas, material de oficina, etc).

Sen máis quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida no local da ANPA, a través do noso teléfono, do correo electrónico ou podedes comentar aquí no blog.