á volta das vacacións de Semana Santa, Jardanay porá en marcha o novo menú para o servizo de madrugadores. Agardamos que as familias esteades satisfeitas con esta nova proposta. Aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións.
O prazo para a solicitude das bolsas de comedores escolares irá desde o día 13 de marzo ata o 12 de abril, ambos os días incluídos.
A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderán presentarse, previa cita, nos rexistros municipais (praza de María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas entre o día 13 de marzo e 12 de abril de 2023.
A solicitude de cita pode facerse por Internet: Cita previa
Pode solicitar tamén a cita no número de teléfono 010
Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e na sede electrónica.
A solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/o), e debe asinar a solicitude a persoa que represente legalmente á alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.
O trámite completo, cos anexos que hai que presentar, atópase nesta ligazón: Bolsas comedor
Todas as listaxes obxecto de publicación (requirimento de corrección, listaxe provisional …) identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual.
Ademais, para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nalgúns centros cívicos municipais, abertas ao público. Para ditas sesións non será necesaria realizar inscrición previa e serán nas seguintes datas:
Seguindo co noso propósito de mellorar o espazo no que comen os noso fillos/as, mercáronse unhas mesas novas para substituír as que ulilizaban o nenos e nenas de Educación infantil.
Con este cambio, pasan a ter bancos en vez de cadeiras, permitindo así que sexa máis sinxelo e cómodo para levantarse e favorecendo así a súa autonomía.
Seguimos traballando para seguir mellorando o noso centro.
Achegámosvos nota recibida dende Jardanay referente ao menú de hoxe:
Os escribimos para comentaros un cambio en el menú de hoy jueves 2 de marzo que afecta al segundo plato que teníamos previsto (filetes de caballa al horno). Debido a la escasez de caballa en el mercado, a pesar de estar en temporada, hemos tenido que sustituirla por lomitos de borriquete, que preparamos en salsa y acompañados de patata y zanahoria al horno.
El menú de hoy jueves queda así:
Primer plato: ensalada italiana.
Segundo plato: lomitos de borriquete en salsa con patata y zanahoria al horno.
Este post é para informarvos que realizaremos a Asemblea Xeral Ordinaria, será o vindeiro día 10 de marzo ás 16:00 horas en 1º convocatoria, ás 16:15 en 2ª convocatoria. Desenvolverase a xuntanza na biblioteca do centro. Rogamos puntualidade a os asistentes.
ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación da memoria técnica e económica do curso 2021/2022
2.- Aprobación do orzamento 2022/2023
3.- Subvención de comedor 2021/2022
4.- Renovación da Xunta Directiva: se hai xente interesada en formar parte da nova Xunta Directiva que se poña en contacto a través do teléfono (698167733 ) ou email da ANPA (anpafaro@hotmail.com)
Ola, familias. Como sabedes, dende a Anpa Faro levamos varios anos fomentando a igualdade entre sexos mediante obradoiros e talleres (tanto para pais como para alumnos), e queremos completar estas iniciativas promocionando xogos inclusivos nos patios. Con este fin, e en colaboración coa Diputación da Coruña (FO204/2022), vimos de adquirir materiais de xogo de exterior:
Todo isto compleméntase co resto do material (raquetas e redes, balons de diferentes deportes, colchonetas, etc) xa comentado nunha noticia anterior, e tamén coa labor de pintado de xogos levada a cabo hai varios meses nos patios (mariolas, xogo das catro esquinas, pista de brilé, circuitos). Desta forma, queremos poñer a disposición da rapazada novas opcións de xogo máis aló do futbol, intentando que cada un deles atope o seu espacio e os seus compañeiros de xogo. Comezaremos pouco a pouco cos nen@s usuarios de comedor, e gradualmente por cursos, a medida que podamos ir organizando o acceso ó material, xunto cos monitores.
Esperamos conseguir entre todos, un patio no que ninguén se sinta excluido.
Dende Jardanay quixeron conmemorar onte xoves 23 o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades nos seus comedores. A continuación vos explicamos cómo o levaron a cabo:
“Por unha banda, unímonos á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos como os nosos e vosos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas.
Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, tan só cun prato humilde e a calor do fogar.
É por isto que o xoves 23 de febreiro, en todos os comedores de Jardanay e servizos que damos incluiremos o “Caldo de Gloria” no noso menú, que no noso caso prepararemos con repolo como verdura. Serán unhas 7.500 racións de caldo en total 🙂 O resto do menú mantense sen cambios con relación ao planificado.
No seguinte link (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/) podedes ampliar información sobre o “Caldo de Gloria” da Fundación. Como parte do proxecto, repartiremos entre os/as comensais os manteis conmemorativos da iniciativa, onde poderemos ler o poema enteiro.
Nos comedores escolares completaremos o día explicando aos nenos e nenas a iniciativa e como unha receita tan sinxela e típica de Galicia converteuse en poema. Tamén poñeremos en marcha a actividade “As miñas receitas favoritas”, no que o alumnado poderá aprender sobre ingredientes, alimentos, preparacións e tamén sobre o poder da alimentación tanto para a saúde como para o corazón.”
Ola, familias. Alégranos compartir convosco os detalles sobre o novo material adquirido desde a Anpa, en colaboración coa Deputación da Coruña (FO204/2022):
colchonetas
redes e raquetas de bádminton
canastras portátiles
balons de baloncesto, voleibol, balonmán
Os alumnos de judo levan xa varias semanas gozando das colchonetas, que permitiron ampliar o tamaño do tatami:
Dispoñer de máis redes tamén favorece o ritmo das clases de badminton:
E as novas canastras permiten disputar partidos en cancha completa:
Este material está ademais dispoñible na hora de comedor, e para o resto de actividades deportivas desenvolvidas no centro.
Dende hai unhas semanas, dúas entidades deportivas están a facer uso do pavillón do centro, unha vez rematan as actividades extraescolares. Estas novas actividades son xestionadas únicamente polos dous respectivos clubes, e son alleas á Anpa e ó propio centro, pero pensamos que poden ser do voso interese:
Iniciación ó Hockey sobre patins (Club Borbolla) Mércores e Venres de 18:00 a 19:00
Escola de fútbol (Club Torre S.D) Martes e Xoves de 18:00 a 19:00
Vos deixamos a información; se estades interesados en apuntar ós vosos fillos, debedes poñervos en contacto cos equipos, nos teléfonos indicados.
Queriamos comentarvos os cambios e novidades que incorporamos no menú do segundo trimestre do curso 2022-23 que acabamos de comezar.
1. Iogur natural sen azucre. Imos substituír os iogures naturais azucrados pola versión sen azucre. Así fortalecemos a oferta de lácteos con opcións saudables sen azucres engadidos. Seguiremos ofrecendo tamén os iogures de sabores como ata o de agora.
2. Aumentamos a oferta de proteína vexetal.Incorporamos ao menú un novo prato con base de proteína vexetal, un estofado de garavanzos con chourizo e ovo picado, que servimos cunha ensalada da horta con queixo de primeiro.
3. Novo peixe: a xarda.Dentro do noso esforzo por aumentar a variedade de peixes no menú, imos estrear un novo prato de filetes de xarda ao forno acompañados por patacas e cenoria ao vapor.
4. Novo guiso de porco.Chega ao menú un novo guiso de carne de porco á xardineira, preparado con verduriñas, chícharos e pataca.
5. Fusillis con salmón e arroz á mariñeira.Debido á boa aceptación no primeiro trimestre, imos manter neste segundo a pasta con salmón e verduriñas -aínda que este trimestre ofrecerémola con fusillis- e tamén a nosa salsa mariñeira con pescada e tomate, que este trimestre imos servir con arroz.Esperamos que aos nenos e nenas gústenlles as novidades que lles preparamos con toda a nosa ilusión. Pola nosa banda, continuaremos traballando na innovación e mellora constante das nosas receitas e menús e tamén estaremos atentos á acollida de todos os pratos nos comedores para poder adaptarnos se fosenecesario.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou comentario que queirades trasladarnos.