Boas tardes amílias Recordámosvos que como todos os anos, as actividades extraescolares xestionadas pola Federación de Anpas remataron o 31 de maio.
Estas actividades son: Teatro (en educacion infantil), Xogos Ritmicos (EI), Predeporte (123EP), e Baloncesto (456EP).
Este curso, como xa vos comunicamos o mes pasado, ampliamos o período do resto de actividades levadas a cabo pola empresa Serocio, ata o remate das clases. Un saúdo
Lembramos que xa está aberto o prazo de inscripción para os campamentos de verán de Proyecto Bululú, no noso centro:
Destinados a nenas/os de 3 a 12 anos, viran ao redor dunha temática concreta que serve de fío condutor para embarcarnos en diferentes aventuras. O seu horario é de 9.00 a 14.00 h, en versión ampliada, e de 10.00 a 14.00 h en horario normal. Realízanse actividades en exterior de carácter lúdico, cultural ou predeportivo, en espazos próximos ao centro combinadas con actividades creativas, de investigación e experimentación… no propio centro. A inscrición realizarase en liña enchendo un formulario ao que poderedes acceder a través da seguinte ligazón https://forms.gle/Cr9nBh8aKPRxk9nG8
Lembramos que como todos os anos, as actividades extraescolares xestionadas pola Federación de Anpas rematan o 31 de maio.
Estas actividades son: Teatro (en educacion infantil), Xogos Ritmicos (EI), Predeporte (123EP), e Baloncesto (456EP).
Este curso, como xa vos comunicamos o mes pasado, ampliamos o período do resto de actividades levadas a cabo pola empresa Serocio, ata o remate das clases.
A actividade municipal de Natación Escolar (para alumnos de 3º e 4º de E.P.), remata o mes de maio.
Por este motivo, o concello comunica que durante a última semana do curso (no noso caso, o mércores 31) as clases terán lugar con xornadas de Portas abertas, nas que os familiares poderán acceder ás instalacións.
Un ano mais, a Federación Provincial de ANPAS vai poñer en marcha o seu programa CAMPACOLES, que baixo o formato de campamento urbán ofrece a posibilidade de manter unha cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores (con ou sen almorzo) e comedor.
Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 26 de xuño ata o venres 28 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.
QUENDAS
Quenda 1: Do 26 ao 30 de xuño.
Quenda 2: Do 3 ao 7 de xullo.
Quenda 3: Do 10 ao 14 de xullo.
Quenda 4: do 17 ao 21 de xullo.
Quenda 5: do 24 ao 28 de xullo.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.
Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h).
CENTROS SEDE
CEIP Alborada
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Barbeito
CEIP Manuel Murguía
CEIP San Francisco Javier
CEIP San Pedro de Visma
CEIP Torre de Hércules
CEIP Wenceslao Fernández Flórez
PRAZAS
45 prazas por sede (tres grupos).
A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.
DESTINATARIOS
Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 22/23.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación de prazas farase do seguinte xeito:
1º. A adxudicación realizarase por sorteo, en función das dúas primeiras letras do primer apelido que resulten elexidas. A partir de ahí, ordenarase aos solicitantes alfabéticamente: apelido 1- apelido 2- nome.
2º. Poderá solicitarse ate 5 turnos por orden de preferencia, adxudicándose un máximo de 2 turnos con carácter ordinario.
3º. En caso de vacantes, poderase adxudicar os turnos restantes solicitados no caso de ter prazas vacantes e sempre por orden de preferencia.
COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:
CAMPACOLE: 20€.(*)
MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.
MADRUGADORES CON ALMORZO: 18€.
COMEDOR: 28€.
SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)
*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 22/23.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2022/23 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”e “English Lab”).
SUMMER TALK
Summer Talk é un programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.
As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, para potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en inglés.
Levaranse a cabo nos seguintes centros:
CEIP San Francisco Javier para escolares de 1º a 3º de Ed. Primaria
CEIP San Pedro de Visma para escolares de 4º a 6º de Ed. Primaria
IES Ramón Menéndez Pidal para escolares de 1º a 3º de ESO
Ofertarase 15 prazas por quenda e centro.
A cota é de 20€/semán
O horario da actividade é de 10 a 14h. Non hai servizo de madrugadores nin de comedor.
O resto de condicións de participación, sorteo e adxudicación de prazas é similar aos campacoles.
Comunícannos dende a Federación, que unha vez pechado o prazo de inscrición no programa Coxegas, non se acadou o número mínimo de alumnos para poder impartilo no noso centro durante o mes de xuño.
Boas tardes. A Escola Triatlón Coruña organiza este verán o seu sexto campamento. Está dirixido a nen@s a partir de 6 anos en horario de 9 a 14:00 na piscina municipal de Riazor. Os interesados teredes que mandar un correo a escolatriatloncoruna@gmail.com.
É importante que digades SE SODES SOCIOS DA ANPA DO CEIP VICTOR LÓPEZ SEOANE XA QUE TEREDES O MESMO DESCONTO QUE OS SOCIOS DO CLUB TRIATLÓN. Deixamos o tríptico para a vosa información.
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado ó escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, impulsor desta festa da nosa lingüa, e fundador da editorial Galaxia. Aínda quedan actividades organizadas polo concello para estes próximos días.
Martes 16
En Jardines de Méndez Núñez…
18:00h-21:00h. Taller: Elaboración de flores de coiro.
19:30h. Charla: A Coruña é música. Javier Becerra entrevista a Sés.
21:00h. Concerto: Sés
Miércoles 17, Día das Letras Galegas
En Jardines de Méndez Núñez…
11:00h. Actuación da Aturuxo A.F.
11:30h. Actuación da A.C. Donaire.
12:00h. Actuación da A.C.Son D ́Aquí.
12:30h. Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego.
13:00h. Actuación de Cántigas da Terra.
13:30h. Espectáculo poético musical: Chulísima con aldaolado.
18:00h. Charla: A Coruña Literaria, presentada pola A.C. Alexandre Bóveda. Participan Carmela Galego, Jorge Castro y María Xosé Bravo.
18:00h-21:00h. Taller: Realización de pulseiras de coiro (2 turnos).
19:30h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.
20:30h. Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas).
Jueves 18
Biblioteca Castrillón. 18:00h. Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos).
Biblioteca Ágora. 18:00h. Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos).
Viernes 19
Biblioteca Fórum. 18:00h. Contacontos. Contos para escoitar mentres bailamos un valse, co Caxoto (4-8 anos).
Centro Sociocultural Ágora. 21:00h. Concerto ÁgoraSon: Os Sons Esquecidos, con Abraham Cupeiro.