NOTA IMPORTANTE: En relación ao horario da ANPA do mes de setembro, avisar aos pais en nais que traedes aos vosos nenos ás 12h durante o período de adaptación, que a maiores dos luns, mércores e venres de 9 a 9:30h estaremos os mércores tamén de 13:20 a 13:50h.

Estimadas familias,

Como tódolos anos por estas datas informámosvos das actividades que hai na escola, do noso horario, comedor,….e moitas cousas máis.

O vindeiromartes 22 as 16:15 celebrarase a primeira xuntanza dos socios da anpa no aula múltiple

 

HORARIO DO ANPA

Durante o mes de setembro o horario será os luns, os mércores e os venres de 9:00 a 9:30.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Achegámosvoso horario provisional das actividades.

Zumba, manualidades e teatro teñen un custo mensual de 17€ por neno e actividade. Inglés terá un custo de 29€ por neno no caso de E.P. e de 25€ no caso de E.I.. Judo 17€ por neno. Kárate 10€ por neno. Ballet, patinaxe e xogos13€ de outubro a decembro e 20€ de xaneiro a maio. POE depende dos días que se vaia. Hai que ser soci@ do anpa para poder ir as actividades. Tedes ata o 25 de setembro para apuntarvos as actividades.

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 16 A 17 Ballet-EI (aula múltiple) Judo-EI (pavillón) Ballet-EI (aula múltiple) Inglés 3º y 4º E.P. Judo-EI (pavillón)
Patinaje-EP (Pavillón) Zumba-E.I. (Aula múltiple) Patinaje-EP (Pavillón) Karate E.I. (pavillón) Zumba-E.I. (Aula múltiple)
Ingles 5º y 6º E.P. Inglés 3º y 4º E.P. Ingles 5º y 6º E.P. Manualidades E.P. Xogos E.P. (pavillón)
Teatro E.P.
Manualidades E.P. Xogos E.P. (pavillón)
 Teatro E.P
POE POE POE POE POE
17 A 18 Ballet-EP (aula múltiple) Judo-EP (pavillón) Ballet-EP (aula múltiple) Inglés Infantil Judo-E.P. (pavillón)
Patinaje-EI (Pavillón) Zumba-E.P. (Aula múltiple) Patinaje-EI (Pavillón) Karate E.P. (pavillón) Zumba-E.P. (Aula múltiple)
Inglés 1º y 2º E.P. Inglés Infantil Inglés 1º y 2º E.P. Manualidades E.I. XogosE.I. (pavillón)
Teatro E.I.
Manualidades E.I. XogosE.I. (pavillón)
Teatro E.I.
POE POE POE POE POE

Para que se leve a cabo as actividades de POE, Ballet, Patinaxe e Xogos é necesario facer grupos de 15 nenos, para Judo, Karate, Manualidades, Teatro e Zumba os grupos serán mínimo de 13 nenos e para a de Inglés, da que a continuación vos falaremos, os grupos serán mínimo de 8 e máximo de 12 nenos.

No caso de POE pódense ir os días que se queiran da semana pero son dúas horas ao día non pode ser unha soa.

IMPORTANTE: o pago das actividades farase, sen excepción, dentro dos 10 primeiros días de cada mes, se nos pasamos dese prazo teremos que pagar un recargo sobre o prezo da actividade.

UNIFORMES

 

Nos vinderos días mandaremos máis información deste tema xa que en breve tanto no local da ANPA como en LA CASITA de VALERIA, teredes á vosa disposición uniformes escolares, todas as tallas para probar e poder reservar no momento a/as prenda/s que desexedes, eso si, previo pago no momento de facer a reserva.

 

COMEDOR E MADRUGADORES

 

Lembramos  que os horarios para recoller aos vosos fill@s a saída comedor son as 15:30 ou as 16:00, fóra diste horario o centro permanecerá pechado e non se poderá acceder ao centro. Para facer uso deste servicio hai que ser soci@ do anpa.

 

ACTIVIDADE DE INGLÉS

 

Este curso cambiamos de método nas clases de inglés, impartiremos o método TRINITY, que é o que se recomenda para os nenos de primaria e infantil, a través de CANTERBURY que ofrecen:

  • TEATRO en inglés (a partir de 7 anos) 2h/semana e custo de 25€/mes
  • INGLÉS Infantil (a partir de 3 anos) 2h/semana e custo 25€/mes (básicamente oral)
  • INGLÉS TRINITY (en 3 grupos, 1º e 2º E.P., 3º e 4º E:P. e 5º e 6º E.P.) e custo de 29h/mes. Neste caso, a partir dos 7 anos e aos nenos que os profesores consideren preparados, fanlles exames oficiais de Londres e Cambridge uns profesores nativos pero as tasas destes exámes non están incluídos no prezo mensual (esta información será ampliada ao longo do curso).

Segundo se faga a reserva da praza débense cubrir unha ficha e depositar 10€ que corresponden á matrícula e ao material.

NOTA MUUUUUUUY IMPORTANTE

 

Para darse de alta ou de baixan unha actividade débese facer vía mail, teléfono ou carta dirixida á anpa como MÍNIMO dez días antes do comezo do seguinte mes senón a baixa ou alta non causará efecto ata o mes seguinte. No caso de que se trate dunha baixa e non se avise con dita antelación cobrarase o mes seguinte.

Atentamente

A Xunta Directiva