Data 27 de setembro
Reunión de socios e socias
Comeza a reunión ás 16:15 horas coa seguinte orde do día:
1º Presentación da nova ANPA
2º Información do comedor
Asiste a persoa responsable de Jardanay para explicar aos país e nais como funciona o catering.Anima ás familias a visitar a súas instalacións.
Explican que están a facer un cambio nos almorzos, evitando a “bollería”, respondendo así á pregunta dunha nai sobre este tema.
Convocarase aos usuarios do comedor a unha reunión específica para tratar diferentes temas.
Infórmase sobre as obras que se fixeron e os cambios na organización e funcionamento do comedor .
Infórmase sobre o bo trato do persoal do comedor despois das visitas efectuadas por membros do ANPA en varios días de servizo.
Recórdase o protocolo que se debe seguir para e os nenos e nenas acudan ó comedor e a importancia que ten que se cumpran prazos establecidos.
3º Contas 2018/2019 e orzamento para o curso 2019/20
Detállanse os gastos do curso anterior, informando do gasto que se efectuou para pagar parte do custo da tarima que se colocou no comedor.
Aclárase que nos orzamentos do presente curso escolar adicarase unha partida menor para a realización de festas.
4º Actividades extra escolares
En canto as actividades extra escolares da Federación sae:
– Patinaxe para E.P.
– POE ata 2º de E.P
No que se refire as actividades xestionadas pola ANPA fórmase grupo en:
–Psicomotricidade
–Ciencia divertida
–Teatro
–Judo E.P.
Hai outras actividades que non teñen grupo mínimo pero comezarán igualmente á espera de novas inscricións, (indicase que volven a abrirse os formularios online)
Estas actividades son:
–Judo E.I.
–Fun English grupo 3-4 anos
–Baile galego
–Debuxo
–Robótica para E.P.
–Fútbol
En canto á actividade Sementeira, infórmase de que hai 27 solicitudes polo que se ampliou a actividade a dous días máis. Lévase a cabo un sorteo cos números de socio para repartir horarios. Sae o número de socio 116
5º Subvención de igualdade
Explícase en que consiste a subvención e resólvese que o mellor día para os obradoiros é o venres.
6º Carreira ENKI
Información sobre a temática da carreira e o número de participantes.
Rogos e preguntas
Hai unas suxestión para poñer un link no blogue para acceder máis facilmente á información das actividades.
Pregunta sobre cal é o seguinte gasto que se adicará ó comedor e infórmase que serán os colgadoiros e uns colectores para separar o lixo.
Prégase que se avise con tempo se unha actividade deixara de levarse a cabo.
Remata a sesión cando son as 17:50
O secretario
Buenas tardes! Soy la madre de Amara García Rivas, que estaba inscrita en patinaje.
Por circunstancias familiares no puede asistir a la actividad así que vamos a darla de baja.
Os agradezco me informéis cómo tengo que hacer.
Gracias por todo y un abrazo,
Ana García Rivas
El lun., 28 oct. 2019 19:21, ANPA Faro escribió:
> ANPA Faro posted: ” Data 27 de setembro Reunión de socios e socias > Comeza a reunión ás 16:15 horas coa seguinte orde do día: 1º Presentación > da nova ANPA 2º Información do comedor Asiste a persoa responsable de > Jardanay para explicar aos país e nais como funciona ” >