No plan de mobilizacións para o inicio do trámite parlamentar do proxecto da LOMCE, o vindeiro domingo día 16, de diferentes cidades de Galicia, partirán as manifestacións convocadas pola Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público. En concreto na Coruña partirá da Praza da Palloza ás 12h.
Este formato de manifestación realizarase o mesmo día tamén en todo o Estado, formando parte da Marea Verde, polo que para facer notoria á presenza da comunidade escolar movilizada contra a LOMCE e os recortes, anímase a participar coa cor característica, o verde, a través das camisetas e/ou outras prendas desa mesma cor.
Por outra banda, tamén nos animan a enviar correos masivos ao Presidente da Xunta de Galicia e do Goberno central, para expresar o noso rexeitamento á aprobación desta lei:
* Carta a remitir como persona individual ao presidente do Goberno de España que se transmíte a través do formulario da web do Pazo da Moncloa.
*Carta a remitir ao presidente da Xunta (aquí). Enviar ao enderezo de correo-e: secretaria.presidente@xunta.es
Seguiremos informando das iniciativas que se vaian convocando para evitar a aprobación desta lei e en defensa so Ensino público, que é vital para garantir o dereito á Educación da cidadanía.