1ª Circular do curso 2018-19

A Coruña 12 de Setembro de 2018

 

Estimadas familias,

Como tódolos anos por estas datas informámosvos das actividades que hai na escola, do noso horario, do comedor,….e moitas cousas máis.

 O vindeiro venres 28 de Setembro ás 16:00h celebrarase a primeira xuntanza dos socios da anpa na aula múltiple. Esperamos a vosa asistencia!!!!

 HORARIO DO ANPA

 O noso horario no mes de Setembro será os Mércores e Venres de 9 a 9:30h e nos vindeiros meses, ata o de Maio (inclusive) será os Martes de 16 a 17h e os Mércores e Venres de 9 a 9:30h.

FOTOS

 Como lembraredes no curso pasado fixemos fotos a tódolos cursos e aínda hai país que non as recolleron, lembrade de pasar polo noso local para coller as vosas fotos encargadas. Gracias!!!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 Achegámosvos o horario provisional das actividades extraescolares. Hai que ser soci@ da ANPA para poder ir a elas; a forma de pago é en efectivo no local do anpa ou deixando os cartos no buzón da anpa nun sobre cerrado cun escrito no que conste os datos da actividade e do/s nen@/s. Tedes ata o venres 21 de Setembro para apuntarvos e pagar o primeiro mes, excepto para a actividade de Natación que aínda non temos información. Coma sempre, lembrade que si a actividade na que apuntades aos nen@s non saíran por non xuntar o mínimo de nen@s para facer grupo devolveríamos o importe íntegro aboado.

As actividades de pago mensual deberán ser aboadas dentro dos 5 primeiros días de cada mes e se, por calquer motivo, queredes dar de baixa aos vosos nen@s dalgunha actividade, é condición indispensable que avisedes quince días antes do mes no que o voso fillo deixe de ir a actividade, en caso contrario teredes que aboar o importe íntegro da clase de dito mes.

Lembrade que o importe para ser soci@ da ANPA non variou, son 23€/curso e familia. ANIMARVOS¡¡¡

Aínda non temos á vosa disposición os folletos nin de POE (só ata 4º EP), nin de ballet (para todos os cursos), nin de patinaxe (para todos os cursos)  nin de natación (só para 3º e 4º EP), cando as teñamos, volas faremos chegar.

Aclaramos por si alguén ten algunha dúbida, as actividades comezan en outubro e rematan en maio.

O custo das actividades é de 17€/mes a excepción de Ballet (13€ el 1º trimestre), Patinaxe (13€ el 1º trimestre) e POE (esta última, depende dos días que asista o neno ten un custo ou outro porque pode ir de luns a venres os días que queira) e inglés que o custo para EI é de 25€/mes e para EP é de 29€/mes e a maiores hay que pagar una matrícula de 20€ na que vai incluído o material. Kárate ten un custo de 10€/mes. Robótica ten un custo de 22€/mes por nen@ para E.I. e de 29€/mes para E.P. Estos son os prezos que temos vixentes a día de hoxe, se houbera algún cambio vos iremos informando.

Unha aclaración respecto a Kárate e a Ballet, se conseguimos facer dous grupos, un de infantil e outro de primaria,  infantil se impartiría de 16 a 17h e primaria de 17 a 18h os mesmos días, para que o teñades en conta á hora de apuntar aos nen@s.

E añadindo ao pago das actividades, que coma en anos anteriores, tanto en Ballet como en Patinaxe, hai un primeiro pago do primeiro trimestre de 13€ máis 4€ do seguro de accidentes que exixe a federación, e en xaneiro outro de 20€ que corresponde ao resto do curso.

Xa na reunión do 28 teremos claro que actividades saen e cales non, co cal xa vos faremos entrega do horario definitivo das mesmas.

 

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 

 

DE 16 A 17 HORAS

Zumba-EI  (aula azul) Ballet EI e EP(aula azul) Zumba-EI (aula azul) Kárate-EI e EP (Pavillón) Ballet- EI e EP(aula azul)
Patinaxe-EP (Pavillón) Inglés Patinaxe-EP (Pavillón) Teatro-EI e EP(aula múltiple/azul)
Inglés

 

Judo-EI (Pavillón) Inglés Robótica-EI Judo-EI (Pavillón)
Inglés
Cociña-EI e EP (Comedor)
POE POE POE POE POE
 

DE 17 A 18 HORAS

Zumba-EP (aula azul) Ballet EI e EP (aula azul) Zumba-EP (aula azul) Cociña-EI e EP (comedor) Ballet-EI e EP (aula azul)
Patinaxe-EI (Pavillón) Judo-EP (Pavillón) Patinaxe-EI (Pavillón)
Inglés Inglés Inglés Teatro-EI e EP (aula múltiple/azul) Judo-EP (Pavillón)
Inglés
Robótica-EP
POE POE POE POE POE
 

 

COMEDOR E MADRUGADORES

Lembramos os horarios para recoller aos vosos fill@s a saída comedor son as 15:30 ou as 16:00, fóra diste horario o centro permanecerá pechado e non se poderá acceder ó centro. Para facer uso deste servicio hai que ser soci@ do anpa como para o servizo de madrugadores.

A Xunta Directiva