Xa estamos preparados para a nosa participación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 100. Quedaremos no Campo da Leña ás 16:00h. ( nas gradas de madeira) para:
– Facernos unha foto de grupo
– Ensaiar “algúns cánticos” para quentar para a carreira
Avisade a todos os que saibades que se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información:
http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019
Como non queremos que a choiva nos amargue a festa, propomos esta solución de última hora para quen non ten feito o disfraz todavía .
CHUVASQUERO PONCHO VERDE: pode poñérselle manchiñas con papel autoahdesivo negro/marrón:
Con respecto a cara, deixamos estas dúas opcións:
1º Careta que se pode facer con cartolina e listo !!!
2º Esta outra opción:
Facer os ollos con bolas de porexpan e facer unha lingua de serpe e pegala por dentro da capucha.
Vémonos o sábado!!!